Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Xoves, 13 de xullo de 1995 Páx. 5.655

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

CÉDULA do 6 de maio de 1995, da Delegación Territorial de Vigo, pola que se notifican liquidacións dictadas polo Servicio de Xestión Tributaria, relativas ós contribuíntes que se citan (Alanjo SA e trinta e catro máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanse as liquidacións relativas ós contribuíntes cos datos e último domicilio coñecido que se indica e que foron dictadas polo Servicio de Xestión Tributaria en aplicación do artigo 52 da Lei xeral tributaria.

Os prazos para efectua-lo pagamento da débeda contraída son os sinalados no artigo 20 do Regulamento de recadación aprobado polo Real decreto 1684/1990, do 20 de decembro, os medios de pagamento establécense nos artigos 23 e seguintes do citado Regulamento de recadación.

Os recursos que se poden interpoñer son: reclamación económico-administrativa ante o Tribunal Rexional de Galicia, Secretaría Delegada de Vigo, r/ Lalín nº 2, ou o de reposición ante o Servicio de Xestión Tributaria desta Delegación Territorial, praza de Compostela nº 26 Vigo, ambos no prazo de quince días contados desde o seguinte á data de publicación desta cédula.

Vigo, 6 de maio de 1995.

Pedro Arbolí Albarracín

Delegado Territorial de Vigo

95-3558