Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Xoves, 13 de xullo de 1995 Páx. 5.637

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 2 de xuño de 1995, pola que se autoriza definitivamente a apertura e funcionamento do centro privado de educación secundaria Hermanos Quiroga Rodríguez do Porriño, Pontevedra.

Examinado o expediente instruído por instancia de Eladio Quiroga Rodríguez, no que solicita autorización definitiva para a apertura e funcionamento do centro privado de educación secundaria Hermanos Quiroga Rodríguez do Porriño, Pontevedra.

Tendo en conta que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial de Pontevedra, que o remite cos informes da Oficina de Supervisión de Proxectos, Unidades Técnica e Inspección Educativa.

Vistos a Lei 1/1990, do 3 de outubro (BOE do 4), de ordenación xeral do sistema educativo, Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE DO 26), polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitarias, Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22), sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e demais disposicións complementarias.

Considerando que concorren neste expediente os requisitos esixidos nas disposicións vixentes para poder acceder ó solicitado.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Centros,

DISPÓN:

Primeiro.-Autoriza-la apertura e funcionamento do centro de educación secundaria Hermanos Rodríguez Quiroga do Porriño, Pontevedra, e, como consecuencia disto, establece-la configuración definitiva dos centros existentes no mesmo edificio ou recinto escolar, segundo se especifica no anexo.

Segundo.-A presente autorización producirá efectos progresivamente, a medida que se implanten as ensinanzas autorizadas de acordo co calendario de aplicación da nova ordenación do sistema educativo, segundo os Reais decretos 986/1991, do 14 de xuño e 1487/1994, do 1 de xullo.

Terceiro.-Antes do inicio das ensinanzas de educación secundaria obrigatoria que se autorizan, a delegación provincial, logo de informe da Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no mencionado centro.

Cuarto.-Queda o centro obrigado ó cumprimento da lexislación vixente e a solicita-la oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos sinalados na presente orde.

Santiago de Compostela, 2 de xuño de 1995.

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia: Pontevedra.

Concello: O Porriño.

Localidade: O Porriño.

Domicilio: r/Antonio Palacios, s/n.

Denominación específica: Hermanos Quiroga Rodríguez.

Titular: Eladio Quiroga Rodríguez.

Composición resultante:

a) Centro de educación infantil: 3 unidades de 2º ciclo.

b) Centro de educación primaria: 6 unidades.

c) Centro de educación secundaria: 4 unidades de educación secundaria obligatoria.

95-4348