Notificóuselle á Consellería de Sanidade e Servicios Sociais Providencia da Sala do Contencioso-Adminis
trativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, pola que se reclama o expediente correspondiente ó recurso contencioso-administrativo nº 1/547/1995, interposto polo Colexio Oficial de Médicos da Provincia de Ourense contra o Decreto 11/1995, do 20 de xaneiro (DOG nº 17, do 25), polo que se regula o réxime de percepción do complemento específico para o persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde e se establecen os prazos para formular solicitudes e renuncias.
En consecuencia, esta dirección xeral acorda, de conformidade co disposto no artigo 64 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do citado expediente administrativo á referida Sala, o que se notifica para xeral coñecemento a tódalas persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer como a parte en autos na Sección Primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de nove días.
Santiago de Compostela, 16 de maio de 1995.
Carlos Negreira Souto
Director xeral de Recursos Humanos
4031