Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Mércores, 12 de xullo de 1995 Páx. 5.588

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de abril de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza o establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 4174 A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio en rúa Sáenz Díez, 95, Ourense, en solicitude de autorización para instalar L.M.T., C.T. e R.B.T. en Lagoa-Moreda, no concello de Monforte, e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20

de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude.

O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1634/1980, artigo 14, e co 2617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes, resolveu:

Autorizar a Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., a instalación de liña de media tensión a 20 kV, conductores LA-56, apoios de formigón e unha lonxitude de 50 metros. Centro de transformación aéreo, cunha potencia de 50 kVA, 20.000/400-231±2,5% V. Rede de baixa tensión, cunha lonxitude de 702 metros, e conductores R.Z.-0,6/1 kV e R.Z.-95-50-25, para mellora do servicio en Lagoa-Moreda, no concello de Monforte.

Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.

Lugo, 26 de abril de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

95-3610