Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Mércores, 12 de xullo de 1995 Páx. 5.588

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de abril de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza o establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 4143 A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio en rúa Sáenz Díez, 95, Ourense, en solicitude de autorización para instalar L.M.T., C.T. y R.B.T. en Soaz no concello de Taboada, e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude.

O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1634/1980, artigo 14, e co 2617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes, resolveu:

Autorizar a Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., a instalación de liña media tensión a 20 kV, conductor LA-56, apoios de formigón, cunha lonxitude de 594 metros. Centro de transformación de 50 kVA, 20.000-400/231±2,5%. Rede de baixa tensión de 580 metros de lonxitude e conductores R.Z.-0,6/1 kV R.Z.-95-50-25, para mellora da subministración en Soaz no concello de Taboada.

Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.

Lugo, 25 de abril de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

95-3616