De conformidade coa proposta elevada pola comisión constituída para xulga-lo concurso, convocado por resolución desta universidade do 11 de outubro de 1994 (BOE do 3 de novembro) para a provisión da praza de profesor titular de universidade da área de coñecemento de química orgánica, do departamento de Química Orgánica, da Universidade de Santiago de Compostela, a favor de Juan Ramón Granja Guillán, e cumprindo o/a interesado/a os requisitos a que alude o artigo 5.2º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,
Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Juan Ramón Granja Guillán, profesor titular de universidade da área de coñecemento de química orgánica, do departamento de Química Orgánica, da Universidade de Santiago de Compostela.
Santiago de Compostela, 29 de maio de 1995.
F. Darío Villanueva Prieto
Rector da Universidade de Santiago de Compostela
95-4057