O 23 de maio de 1995, a Dirección Xeral da Función Pública, recibe da Sala do Contencioso-Administrativo, sección primeira, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, telegrama pola que se admite o recurso contencioso-administrativo número 01/0000925/1995, interposto pola Federación Rexional de Servicios Públicos UXT contra Orde do 2 de maio de 1995 da Consellería da Presidencia e Administración Pública da Xunta de Galicia sobre normas para garanti-los servicios mínimos durante a folga convocada 4, 10 e 11 de maio de veterinarios.
En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, e de conformidade co disposto no artigo 64 da Lei do 27 de decembro de 1956, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, modificada pola Lei 10/1992, do 30 de abril, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala. O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento que son emprazadas para que poidan comparecer en forma en autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nove días.
Santiago de Compostela, 23 de maio de 1995
Joaquín López-Rúa Soler
Director xeral da Función Pública
95-04091