Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Martes, 11 de xullo de 1995 Páx. 5.542

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 23 de maio de 1995, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo número 01/0000742/1995, interposto por Antonio Calvo Varela.

O 23 de maio de 1995, a Dirección Xeral da Función Pública, recibe da Sala do Contencioso-Administrativo, sección primeira, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, providencia pola que se admite o recurso

contencioso-administrativo número 01/0000742/1995, interposto por Antonio Calvo Varela contra resolución da Dirección Xeral da Función Pública de data 13 de febreiro de 1995 que estima en parte solicitude do recorrente, sobre solicitude de recoñecemento de grao persoal correspondente ó nivel 30.

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, e de conformidade co disposto no artigo 64 da Lei do 27 de decembro de 1956, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, modificada pola Lei 10/1992, do 30 de abril, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala. O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento que son emprazadas para que poidan comparecer en forma en autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nove días.

Santiago de Compostela, 23 de maio de 1995

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública

95-03992