Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Venres, 07 de xullo de 1995 Páx. 5.397

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 11 de maio de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo número 02/4311/1995, interposto por Roberto Díaz Vila.

Para os efectos de dar cumprimento ó solicitado polo presidente da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en relación co recurso contencioso-administrativo número 02/4311/1995, interposto por Roberto Díaz Vila, contra acordo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivienda do 27-12-1990, 26-4-1991, 23-12-1992 e 23-9-1994, do Concello de Lugo, e desestimación presunta de recurso de reposición sobre aprobación P.X.O.U. Lugo e proxecto de

construcción do parque dos Paxariños en Carrero Blanco, esta consellería resolveu ordena-la remisión dos expedientes administrativos ó dito tribunal.

O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento, e son emprazadas para que poidan comparecer nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nove días, segundo dispón o artigo 64 da Lei da xurisdicción contencioso-administrativa, reformada pola Lei 10/1992, do 30 de abril.

Santiago de Compostela, 11 de maio de 1995.

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

3962