Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Xoves, 06 de xullo de 1995 Páx. 5.359

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de marzo de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 182/1994).

Visto o expediente incoado pola empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. co enderezo rúa Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña, para a autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que segue:

Derivada de liña eléctrica aérea de media tensión, a 20 kV, sobre apoio de formigón e conductor LA-56, de 54 m de lonxitude, con orixe en apoio número 4 da liña Ribeira-Deán Pequeno (expediente número 23679) e remate en C.T. Cruxeiras.

Centro de transformación aéreo, de 250 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV en Cruxeiras do que parte rede de baixa tensión sobre apoios de formigón e conductor R.Z. de 3.801 m de lonxitude nos lugares de

Deán Pequeno, Fondavila, Cruxeiras e Corral de Abaixo. Ribeira.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar, declarar de utilidade pública e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 29 de marzo de 1995.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

95-3850