Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Xoves, 06 de xullo de 1995 Páx. 5.352

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 6 de xuño de 1995 pola que se fai pública a relación de adxudicatarios das subvencións a empresas privadas para accións de promoción da lingua galega (Orde do 11 de xaneiro de 1995, DOG do 13 de febreiro).

Vista a proposta formulada pola comisión constituída de acordo co artigo 7 da Orde do 11 de xaneiro de 1995, pola que se regula a concesión de subvencións a empresas privadas para accións de promoción da lingua galega, e atendendo ó disposto nese mesmo artigo,

RESOLVO:

Concederlles ás empresas privadas legalmente constituídas, que se relacionan no anexo, as cantidades que en cada unha delas se especifican. Considerando a súa incidencia en canto á utilización do idioma galego.

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 1995.

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

95-3844