Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Mércores, 05 de xullo de 1995 Páx. 5.341

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de abril de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 133/1995 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación, dunha celntral de coxeneración, que ten as seguintes características especiais:

Peticionario: Lácteos Val do Tamuxe, S.L.

Lugar no que se vai establece-la instalación: na rúa Cruz de Ferro, concello do Rosal.

Finalidade da instalación: producción de enerxía eléctrica e aproveitamento do calor residual.

Características principais: un grupo electrógeno cun motor de 710 kW, un alternador de 670 kW e equipo auxiliar.

Orzamento: 65.000.000 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 27 de abril de 1995.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

95-3837