Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Mércores, 05 de xullo de 1995 Páx. 5.335

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 28 de xuño de 1995 pola que se anuncia, polo sistema de concurso de procedemento aberto, a obra de reforma dun pavillón do antigo hospital de Esteiro para salón de actos e departamentos en Ferrol-A Coruña.

Esta consellería, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anunciar, polo sistema de concurso de procedemento aberto, a obra que se cita:

-Reforma dun pavillón do antigo hospital de Esteiro para salón de actos e departamentos en Ferrol-A Coruña.

Orzamento de licitación: 175.639.272 ptas. (cento setenta e cinco millóns seiscentas trinta e nove mil duascentas setenta e dúas pesetas).

Prazo de execución: 10 meses.

Clasificación requirida: grupo C, categoría E.

Exposición de proxectos: o proxecto e o prego de cláusulas administrativas particulares estará de manifesto na Subdirección Xeral de Construccións e Equipamento, Secretaría Xeral desta consellería, edificio administrativo 2, San Caetano, Santiago de Compostela, durante o prazo de presentación de proposicións das 10 ás 14 horas. O prego de cláusulas administrativas particulares tamén se poderá examinar nas delegacións provinciais de Educación.

Prazo de presentación de proposicións: comezará o día seguinte ó da publicación da presente resolución no BOE e rematará o día 24 de xullo de 1995.

Lugar de presentación de proposicións: no rexistro xeral desta consellería, edificio administrativo 2, San Caetano, Santiago de Compostela. En canto ás proposicións por correo, haberá que aterse ó disposto na cláusula 8.1 do prego das administrativas particulares.

Documentación que presentarán os licitadores: a especificada nas cláusulas 8.2, 8.3 e 8.4 do prego das administrativas particulares.

Exame da documentación: a Mesa de Contratación cualificará as documentacións presentadas e publicará a continuación, no taboleiro de anuncios desta consellería, dentro do prazo que se indique, os defectos materiais observados na documentación.

Apertura de proposicións: será realizada pola Mesa de Contratación ás 12 horas do día 28 de xullo de 1995 na sala de xuntas desta consellería.

O importe deste anuncio correrá a cargo da empresa adxudicataria.

Santiago de Compostela, 28 de xuño de 1995.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Juan J. Bértolo Cadenas

Secretario xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

95-3298