Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Mércores, 05 de xullo de 1995 Páx. 5.335

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (153/1995).

En virtude do ordenado pola maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, Rosa del Carmen Collazo Lugo, nos autos de xuízo de faltas número 153/1995, que se segue neste xulgado por tentativa de roubo, cítase a José Luis Lago Sánchez, en calidade de denunciado, e actualmente en paradoiro descoñecido, para que o vindeiro día dezanove de xullo, ás dez e dez minutos, compareza na Sala de Audiencias deste Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela, sito na planta baixa do Pazo de Xustiza, rúa da Algalia de Abaixo, 24, co fin de asistir á vista do correspondente xuízo de faltas, facéndolle saber que pode facelo asistido de avogado, debendo acudir cos medios de proba de que intente valerse no mesmo, e advertíndoo de que de non verificalo recaerán sobre el os prexuízos a que haxa lugar en dereito.

Santiago de Compostela o catorce de xuño de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado

9504819