Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Mércores, 05 de xullo de 1995 Páx. 5.332

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 22 de xuño de 1995 pola que se clasifican e se suprimen postos de traballo reservados a funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional.

Vista a solicitude e a documentación aportada polo Concello de Allariz (Ourense) con data 12 de xuño de 1995, relativa á modificación da clasificación do posto de secretaría, actualmente de clase segunda, en secretaría de clase terceira, correspondente á subescala de secretaría-intervención.

Esta Consellería da Presidencia e Administración Pública, de conformidade co establecido no artigo 159.1º do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, e nos artigos 2 e 9 do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo, e no uso das facultades que lle confire o artigo 13.2º 17 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia,

DISPÓN:

Primeiro.-Modifica-la clasificación do posto de secretaría do Concello de Allariz, provincia de Ourense, quedando clasificado en clase terceira.

Segundo.-Suprimi-lo posto de intervención do devandito concello.

Contra a presente orde poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de xuño de 1995.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

4761