Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Mércores, 05 de xullo de 1995 Páx. 5.324

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 22 de xuño de 1995, da Dirección Xeral de Universidades e Investigación, pola que se fai pública a composición da comisión avaliadora das axudas convocadas para accións de apoio económico ós estudiantes universitarios.

Por Orde do 30 de marzo de 1995, (DOG nº 90, do 11 de maio), convócanse axudas para accións de apoio económico ós estudiantes universitarios españois matriculados nunha das tres universidades galegas durante o curso 1994/1995, establecéndose que a Dirección Xeral de Universidades e Investigación procederá a nomear unha comisión avaliadora, facendo pública a súa composición con anterioridade á resolución da convocatoria.

Por todo iso, esta dirección xeral,

RESOLVEU:

Facer pública a composición da comisión avaliadora das axudas para accións de apoio económico ós estudiantes universitarios, que queda integrada polas persoas que de seguido se relacionan:

-Presidente: Eleutino Álvarez Álvarez, subdirector xeral de Universidades.

-Vocais:

Manuel González Sarceda, vicerrector de Estudiantes e Servicios da Universidade da Coruña.

Celso Rodríguez Fernández, vicerrector de Estudiantes da Universidade de Santiago de Compostela.

José Ángel Vázquez Barquero, vicerrector de Innovación Educativa e Estudiantes da Universidade de Vigo.

Juan José Lois Barcia, xefe do Servicio de Coordinación do Sistema Universitario da Dirección Xeral de Universidades e Investigación.

-Secretaria, que actuará con voz e voto, Elena Goldar Pazos, funcionaria do Servicio de Coordinación do Sistema Universitario.

Santiago de Compostela, 22 de xuño de 1995.

José Manuel Touriñán López

Director xeral de Universidades e Investigación

9504697