Visto o expediente incoado nesta delegación provincial a petición de Eléctrica Los Molinos con domicilio en Ponte-Caldelas no que solicita autorización e declaración de utilidade pública para o establecemento dunha instalación eléctrica de media tensión, e cumpridos os trámites regulamentarios ordenados no capítulo III do Decreto 2617/1966, sobre autorización de instalacións eléctricas, e no capítulo III do regulamento aprobado polo Decreto 2619/1966, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, e de acordo co disposto no Real decreto 2634/1980, sobre transferencias de competencias da Administración do Estado á Xunta de Galicia en materia de industria, esta delegación provincial, resolveu:
Autorizar a Eléctrica Los Molinos a instalación eléctrica que ten como características principais as seguintes: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 1.575 m de lonxitude, unha capacidade de transporte de 10843 kVA e conductores de aluminio-aceiro, LA-110 e apoios de formigón, desde a subestación de Taboadelo (Ponte-Caldelas).
Declara-la utilidade pública da instalación eléctrica que se autoriza, para os efectos sinalados na Lei 10/1966, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, e no seu regulamento de aplicación do 20 de outubro de 1966.
Esta instalación non poderá entrar en servicio mentres o seu peticionario non conte coa aprobación do proxecto de execución, logo de cumpri-los trámites que se sinalan no capítulo VI do citado Decreto 2617/1966, do 20 de outubro.
Pontevedra, 27 de abril de 1995.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
95-3688