Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Martes, 04 de xullo de 1995 Páx. 5.271

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de abril de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se declara de utilidade pública a instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 182/1994 A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial a petición de Eléctrica Los Molinos, S.L. con domicilio en Ponte-Caldelas no que solicita autorización e declaración de utilidade pública para o establecemento dunha instalación eléctrica de media tensión, e cumpridos os trámites regulamentarios ordenados no capítulo III do Decreto 2617/1966, sobre autorización de instalacións eléctricas, e no capítulo III do regulamento aprobado polo Decreto 2619/1966, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, e de acordo co disposto no Real decreto 2634/1980, sobre transferencias de competencias da Administración do Estado á Xunta de Galicia en materia de industria, esta delegación provincial, resolveu:

Autorizar a Eléctrica Los Molinos, S.L. a instalación eléctrica que ten como características principais as seguintes: L.M.T., a 20 kV, sendo 4.738 m de lonxitude en dobre circuíto e 980 m en simple circuíto, con conductores de aluminio-aceiro LA-110 e apoios metálicos, desde a subestación de Taboadelo (Ponte-Caldelas), propiedade de Unión Fenosa ata Reigosa-Tourón, concello de Ponte-Caldelas.

Un centro de distribución de liñas.

2 CC.TT. de 250 kVA cada un, relación de transformación 24 kV/398-230 V en Reigosa e Reigosa n. 7.

Declara-la utilidade pública da instalación eléctrica que se autoriza, para os efectos sinalados na Lei 10/1966, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, e no seu regulamento de aplicación do 20 de outubro de 1966.

Esta instalación non poderá entrar en servicio mentres o seu peticionario non conte coa aprobación do proxecto de execución, logo de cumpri-los trámites que se sinalan no capítulo VI do citado Decreto 2617/1966, do 20 de outubro.

Pontevedra, 27 de abril de 1995.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

95-3768