Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Martes, 04 de xullo de 1995 Páx. 5.270

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de abril de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se declara de utilidade pública a instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 13/1995 A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial a petición de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. con domicilio en Vigo no que solicita autorización e decla

ración de utilidade pública para o establecemento dunha instalación eléctrica de media tensión, e cumpridos os trámites regulamentarios ordenados no capítulo III do Decreto 2617/1966, sobre autorización de instalacións eléctricas, e no capítulo III do regulamento aprobado polo Decreto 2619/1966, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, e de acordo co disposto no Real decreto 2634/1980, sobre transferencias de competencias da Administración do Estado á Xunta de Galicia en materia de industria, esta delegación provincial, resolveu:

Autorizar a Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. a instalación eléctrica que ten como características principais as seguintes: L.M.T. sub. Redondela-Cidadelle con dous tramos: tramo I-de sub. Redondela ata o apoio derivación ós CC.TT: de Cotarelo, Rande, etc., a súa lonxitude será de 2.780 m.

Tramo II-desde o C.T. Cidadelle ata derivación a Pescanova, a súa lonxitude será de 600 m L.M.T. sub. Redondela-Seccionamento de Redondela, cunha lonxitude de 980 m.

L.M.T. sub. Redondela-Os Valos, rematará na L.M.T. derivación ós CC.TT. Cedeira, Ponteareas, etc., terá unha lonxitude de 1.000 m.

O conductor que se vai utiliar nas liñas será o LA-110, lugar na subestación de Redondela, realizando as saídas en media tensión cara a Cidadelle, seccionamento de Redondela e Os Valos, concello de Redondela.

Declara-la utilidade pública da instalación eléctrica que se autoriza, para os efectos sinalados na Lei 10/1966, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, e no seu regulamento de aplicación do 20 de outubro de 1966.

Esta instalación non poderá entrar en servicio mentres o seu peticionario non conte coa aprobación do proxecto de execución, logo de cumpri-los trámites que se sinalan no capítulo VI do citado Decreto 2617/1966, do 20 de outubro.

Pontevedra, 10 de abril de 1995.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

95-3385