O Decreto 343/1992, do 26 de novembro, regula as axudas ós concellos para a infravivenda rural.
A Orde do 29 de xaneiro de 1993 desenvolve o Decreto 343/1992, do 26 de novembro, e continúa vixente en canto á determinación dos ingresos familiares, a súa ponderación e o impreso cos datos da unidade familiar e da infravivenda.
A presente disposición, que non modifica o procedemento, abre o prazo de presentación das solicitudes, indica a partida orzamentaria na que figuran os créditos que amparan a presente orde e sinala a contía máxima das subvencións que se concederán para cada concello no presente exercicio.
A disposición derradeira primeira do Decreto 343/1992, do 26 de novembro, faculta o conselleiro de Ordenación do Territorio e Obras Públicas para dictar, no marco das súas competencias, as dispo
sicións que cumpran para o desenvolvemento e aplicación da devandita norma.
Logo dos informes preceptivos segundo o Decreto 21/1992, do 29 de xaneiro, e a orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 9 de novembro de 1993 e en uso da referida autorización,
DISPOÑO:
Artigo 1º
O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ó da publicación da presente orde e rematará o día 31 de outubro de 1995
Artigo 2º
1. Estas axudas tramitaranse financeiramente a través do crédito que figura consignado para esta finalidade na aplicación 06.50.331A.760 do estado de gastos dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1995.
2. Para o exercicio de 1995 a cantidade máxima que se concederá, en concepto de subvencións, para cada concello será de dez millóns de pesetas (10.000.000 de ptas.) dentro dos límites da devandita consignación orzamentaria.
Disposición derradeira
A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 14 de xuño de 1995.
José Cuíña Crespo
Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda
95-4208