Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Xoves, 29 de xuño de 1995 Páx. 5.135

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA

ORDE do 4 de maio 1995 pola que se declara de interese para a promoción do Camiño de Santiago o proxecto presentado por Juan Carlos Tato Agra consistente na promoción do Camiño de Santiago en Inglaterra.

O Decreto 245/1994, do 23 de xuño, regula o procedemento para que determinadas actividades e proxectos obteñan a declaración de interese para a promoción do Camiño de Santiago.

A súa disposición derradeira primeira faculta o conselleiro de Cultura para dicta-las disposicións necesarias para o desenvolvemento e execución deste decreto.

En virtude da referida autorización,

DISPOÑO:

Artigo único.-Declarar de interese para a promoción do Camiño de Santiago o proxecto presentado por Juan Carlos Tato Agra consistente na promoción do Camiño de Santiago en Inglaterra, por considerar que se adapta ó disposto no Decreto 245/1994, do 23 de xuño, na medida en que supón unha ampliación do coñecemento do Camiño de Santiago no país veciño e un incremento da afluencia de peregrinos á nosa comunidade.

O proxecto queda inscrito no rexistro de actividades e proxectos de interese para a promoción do Camiño de Santiago co nº 006.

Os titulares das actividades ou proxectos declarados farán constar na súa execución que foron declarados de interese pola Consellería de Cultura.

Santiago de Compostela, 4 de maio de 1995.

Víctor Manuel Vázquez Portomeñe

Conselleiro de Cultura