Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Xoves, 29 de xuño de 1995 Páx. 5.134

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA

ORDE do 4 de maio de 1995 pola que se declara de interese para a promoción do Camiño de Santiago o proxecto presentado por Gonzalo Naveiro Pérez consistente na construcción dunha embarcación tipo catamarán que realizará a Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Ulla.

O Decreto 245/1994, do 23 de xuño, regula o procedemento para que determinadas actividades e proxectos obteñen a declaración de interese para a promoción do Camiño de Santiago.

A súa disposición derradeira primeira faculta o conselleiro de Cultura para dicta-las disposicións necesarias para o desenvolvemento e execución deste decreto.

En virtude da referida autorización,

DISPOÑO:

Artigo único.-Declarar de interese para a promoción do Camiño de Santiago o proxecto presentado

por Gonzalo Naveiro Pérez consistente na construcción dunha embarcación tipo catamarán que realizará a Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Ulla, por considerar que se adapta ó disposto no Decreto 245/1994, do 23 de xuño, na medida en que contribúe de modo adecuado á promoción do Camiño de Santiago.

O proxecto queda inscrito no rexistro de actividades e proxectos de interese para a promoción do Camiño de Santiago co nº 005.

Os titulares das actividades ou proxectos declarados farán constar na súa execución que foron declarados de interese pola Consellería de Cultura.

Santiago de Compostela, 4 de maio de 1995.

Víctor Manuel Vázquez Portomeñe

Conselleiro de Cultura