Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Xoves, 29 de xuño de 1995 Páx. 5.133

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de abril de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 95/10-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalacións eléctricas que a continuación se detallan:

-Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

-Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.

-Denominación: L.M.T. e C.T. tipo sótano.

-Situación: Rúa da Canteira, 19, Ordes.

-Descricións técnicas:

Liña eléctrica subterránea de media tensión, a 15/20 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12-20 kV de 3 (1 x 95) mm Al, de 55 m de lonxitude, con orixe na liña Campo Feira-Xeral Mola (expediente 52875) e remate en número 19, Rúa da Canteira.

Centro de transformación, en soto de edificio vivendas en número 19, Rúa da Canteira, de 630 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV. Ordes.

Cumprido-los trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial, resolveu:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características axustaranse en tódalas súas partes ás que figuran no mesmo e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 25 de abril de 1995.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña