Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Xoves, 29 de xuño de 1995 Páx. 5.133

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 9 de xuño de 1995 pola que se resolve a devolución de taxas ás persoas non incluídas nas listas reguladas polo Decreto 252/1992.

Adoptado acordo por parte da comisión permanente de selección dos solicitantes a incluir nas listas correspondentes ás categorías 14 e 65 do grupo III e 5 do grupo IV, coa súa identificación e orde de prelación respectiva, esta consellería,

RESOLVE:

Devolverlles ós aspirantes que non figuren na lista de incluídos, o importe das taxas que aboasen.

Para facer efectivo o disposto no parágrafo anterior, os interesados dirixiranlle escrito á Dirección Xeral da Función Pública onde se fagan constar con claridade os seguintes datos:

-Nome e apelidos.

-DNI.

-Grupo e categoría á que optaban.

-Datos bancarios, con especificación do código do banco, código da sucursal e número da conta á que desexa se lle efectúe a transferencia polo importe aboado.

Santiago de Compostela, 9 de xuño de 1995.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública