Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Mércores, 28 de xuño de 1995 Páx. 5.121

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARTEIXO

ANUNCIO de poxa de obras de beirarrúas, aparcamentos e outros servicios na travesía de Arteixo (A Coruña), incluída no Plan de Cooperación da Deputación Provincial da Coruña (P.C.D./1995) de 1995.

Obxecto.

A presente poxa ten por obxecto a contratación da obra titulada Beirarrúas, aparcamentos e outros servicios na Travesía de Arteixo (A Coruña).

Tipo de licitación.

A licitación realizarase á baixa a partir do tipo de licitación (26.761.101 ptas.). Nas ofertas entenderase incluído o IVE.

Prezos unitarios.

Os que figuran no orzamento do proxecto técnico.

Prazo de execución.

O prazo de execución da obra é de tres meses (3).

Presentación de proposicións.

No rexistro xeral do concello durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da última publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, BOP e Diario Oficial de Galicia, en horas de 9.30 a 13.30, en dous sobres cerrados que poderán ser lacrados e precintados, asinados polo licitador, e coa documentación esixida no prego de condicións, cláusula trece.

Apertura de plicas.

A apertura de plicas celebrarase no salón de sesións da Casa do Concello ás doce horas do día hábil seguinte (excepto sábados) ó día en que remate o prazo de presentación de plicas.

Fianzas.

Establécense as seguintes fianzas:

a) Provisional: consistente no 2% do orzamento de licitación. Xuntarase por separado e fóra dos sobres de licitación.

b) Definitiva: consistente no 4% do prezo da adxudicación e que constituirá quen resulte adxudicatario da obra.

c) Complementaria: se a adxudicación se fai cunha baixa do 10% do tipo de licitación.

8. Modelo de proposición.

O modelo de proposición será o seguinte:

Don/Dona... con domicilio en rúa... nº.... teléfono..., con DNI (ou pasaporte ou documento que o substitúa) nº ... actuando en nome propio (ou en representación de .... DNI ou CIF nº...., e con domicilio en..., rúa..., nº.. teléfono ... ) toma parte na poxa convocada por ... e publicada en ... do día... para a execución das obras comprendidas no proxecto de... para o que fai constar:

1. Que ofrece o prezo de... ptas., que significa unha baixa de... ptas., en relación co tipo de licitación.

2. Que coñece e acepta cantas obrigas se deriven dos pregos de condicións do presente contrato.

3. Que xunta nos correspondentes sobres a documentación esixida no prego de condicións.

En ..., ... de... de 19...

O/A licitador/a (asinado e rubricado).

Modelo de sobres.

Sobre A: Oferta económica.

Proposición para tomar parte na poxa das obras de... presentada por...

En ..., ... de... de 19...

O/A licitador/a (asinado e rubricado).

Sobre B: documentación.

Proposición para tomar parte na poxa das obras de... presentada por...

En ... ... de... de 19...

O/ A licitador/a (asinado e rubricado).

Arteixo, 15 de maio de 1995.

Frutos J. Martínez Saavedra

Alcalde