Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Mércores, 28 de xuño de 1995 Páx. 5.121

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 1995, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso público, polo trámite de urxencia, para a subministración dun equipo de cirurxía laparoscópica para o Complexo Hospitalario Cristal-Piñor de Ourense (SCC.-24/95).

O Servicio Galego de Saúde, por proposta da Dirección Xeral de Recursos Económicos, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la subministración que a seguir se cita:

Subministración: un equipo de cirurxía laparoscópica.

Orzamento: 7.000.000 de ptas. (IVE incluído).

Forma de adxudicación: concurso público.

Prazo de execución: os bens obxecto do presente concurso público entregaranse no prazo de 30 días contados a partir da data da notificación da adxudicación.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares, e demais documentación complementaria estarán de manifesto e á disposición dos concursantes para o seu exame nos servicios centrais da Dirección Xeral de Recursos Económicos, edificio administrativo de San Caetano, bloque, 2-2º en Santiago de Compostela, e nas direccións provinciais do Servicio Galego de Saúde, tódolos días laborables, agás sábados, de 9 a 14 horas.

Fianza provisional: 140.000 pesetas. Tratándose de aval, tamén deberá de ser depositado, previamente á licitación, na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Economía e Facenda ou nas súas delegacións provinciais.

Presentación de proposicións: as proposicións deberán ser presentadas en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Servicio Galego de Saúde, antes das 14 horas do vixésimo día hábil contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou enviadas por correo dentro do prazo sinalado.

Cando as proposicións se envíen por correo o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciar ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax (981) 54 27 62, ou telegrama no mesmo día, de conformidade co artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

Apertura de proposicións: terá lugar na sala de xuntas do Servicio Galego de Saúde, edificio administrativo de San Caetano, a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado

ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que aportarán os licitadores: os documentos que figuran na cláusula 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: o pagamento do anuncio do presente concurso público será por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 1995.

Antonio Carbajo Romero

Director xeral de Recursos Económicos