Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Mércores, 28 de xuño de 1995 Páx. 5.118

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

CÉDULA do 13 de marzo de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, Servicio de Consumo, pola que se comunica o estado do expediente 15-014/1995.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común,

do 26 de novembro (BOE do 27), notifícaselles ás persoas que a continuación se relacionan, as fases na que se atopan os expedientes a eles instruídos polo Servicio de Consumo da Delegación Provincial de Industria e Comercio da Coruña, por incumprimento do Real decreto 1945/1983, do 22 de xuño (BOE do 15 de xullo), no que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor.

Gardería Libeliña, Mª del Carmen Casado Arias.

NIF: R-76.541.425.

Expediente número: 15-014/1995.

Iniciación.

Prazo: dez días.

Os ditos interesados dispoñen do prazo que en cada caso se indica, contado a partir da publicación do presente edicto, para que poida examina-lo expediente, na Delegación de Industria e Comercio da Coruña, edificios múltiples, andar 2º, praza de Luis Seoane, s/n, e presentar perante a dita delegación as alegacións que considere pertinentes conforme o disposto na citada Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A Coruña, 13 de marzo de 1995.

Juan Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña