Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Mércores, 28 de xuño de 1995 Páx. 5.118

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

CÉDULA do 4 de marzo de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, Servicio de Consumo, pola que se comunica o estado dos expedientes 15-122/1994 e 15-121/1994.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro (BOE do 27), notifícaselles ás persoas que a continuación se relacionan, as fases na que se atopan os expedientes a eles instruídos polo Servicio de Consumo da Delegación Provincial de Industria e Comercio da Coruña, por incumprimento do Real decreto 1945/1983, do 22 de xuño (BOE do 15 de xullo), no que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor.

-Luis Lavandeira Lourido, Promociones Chan, S.A.

NIF: M-32.422.714.

Expediente número: 15-122/1994.

Resolución.

Prazo: un mes.

-Lorenzo Capllonch Blanco Promociones Chan, S.A.

NIF: 367.964.

Expediente número: 15-121/1994.

Resolución.

Prazo: un mes.

Os ditos interesados dispoñen do prazo que en cada caso se indica, contado a partir da publicación do presente edicto, para que poida examina-lo expediente, na Delegación de Industria e Comercio da Coruña, edificios múltiples, andar 2º, praza de Luis Seoane, s/n, e presentar perante a dita delegación as alegacións que considere pertinentes conforme o disposto na citada Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A Coruña, 4 de marzo de 1995.

Juan Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña