Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Mércores, 28 de xuño de 1995 Páx. 5.115

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 2 de maio de 1995 pola que se fai pública a adxudicación do contrato de asistencia técnica relativa ó control dos expedientes das 3 universidades galegas tramitados pola Subdirección Xeral de Construccións e Equipamento da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para a programación do investimento nelas (expediente 7/1995).

Pola Resolución do 31 de marzo de 1995 aprobouse un gasto de 8.100.000 ptas., o prego de cláusulas administrativas particulares e a apertura do procedemento de adxudicación do contrato de asistencia

técnica relativa ó control dos expedientes das 3 universidades galegas tramitados pola Subdirección Xeral de Construccións e Equipamento da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para a programación do investimento nelas (expediente 7/1995).

Anunciouse a concurso público a licitación do mencionado contrato no Diario Oficial de Galicia.

Cumpridos os trámites que en materia de contratación prevé a vixente Lei de contratos do Estado e o seu regulamento, así como os requisitos establecidos no prego de bases da contratación e demais lexislación vixente. Reunida a Mesa de Contratación na data do 2 de maio de 1995 e vistas as ofertas económicas así como o cumprimento das empresas e a valoración da comisión cualificadora, esta consellería,

RESOLVEU:

Primeiro.-Adxudica-lo material antes mencionado da seguinte forma:

Concurso 7/1995

Importe

Empresa Meta

Subtotal 7.950.217.

Total 7.950.217.

Segundo.-O prazo de execución desta asistencia técnica será de 4 meses contados desde a sinatura do contrato.

Terceiro.-A empresa adxudicataria deberá cumpri-las obrigas previas á formalización do correspondente contrato, esixidas na cláusula 3 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Cuarto.-Faise pública a presente resolución para os efectos previstos no artigo 38 da Lei de contratos do Estado e 119 do seu regulamento.

Quinto.-Contra esta resolución poderá interpoñerse recurso de reposición ante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaxia, no prazo de un mes, contado desde o día seguinte ó da publicación desta resolución.

Santiago de Compostela, 2 de maio de 1995.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Juan José Bértolo Cadenas

Secretario xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria