Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Mércores, 28 de xuño de 1995 Páx. 5.115

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 20 de xuño de 1995 pola que se convoca concurso público para a contratación en réxime de concesión do servicio de cafetería e comedor nos edificios administrativos da Xunta de Galicia en San Caetano, Santiago de Compostela.

a) Obxecto do concurso.

Constitúe o obxecto deste concurso a contratación, en réxime de concesión, do servicio de cafetería e comedor nos locais destinados para o efecto no edificio posterior esquerdo do complexo administrativo da Xunta de Galicia, sitos en San Caetano, Santiago de Compostela.

b) Presentación das ofertas.

Poderán tomar parte neste concurso as persoas naturais e xurídicas que con plena capacidade de obrar traballen habitualmente como profesionais da hostelería e non estean abranguidas nalgunha das circunstancias sinaladas no artigo 20 da vixente Lei de contratos do Estado.

As proposicións, xunto coa documentación esixida, deberán presentarse en sobre pechado e lacrado no rexistro xeral da Xunta de Galicia (edificio central de San Caetano), de 9 a 14 horas, incluídos os sábados non festivos, dentro do prazo de quince días naturais, contados desde o seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

No exterior do sobre expresarase o seguinte texto: «Proposición para tomar parte no concurso convocado pola Consellería da Presidencia e Administración Pública da Xunta de Galicia para a contratación do servicio de cafetería e comedor nos edificios administrativos da Xunta de Galicia en San Caetano (Santiago de Compostela), que presenta,

D./Dª

en nome

(propio ou da entidade que representa».

c) Documentación.

O prego de cláusulas administrativas particulares e anexos poderá ser examinado en horas de despacho ó público, e durante o prazo de presentación das ofertas, na secretaría xeral desta consellería (Subdirección de Contratación), sita na planta 2ª do edificio administrativo central de San Caetano en Santiago de Compostela.

d) Fianza provisional.

A fianza provisional para poder participar neste concurso fíxase en 200.000 pesetas. Deberá constituírse a favor da Consellería da Presidencia e Administración Pública, na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Economía e Facenda, en calquera das modalidades legalmente admitidas.

e) Apertura de proposicións.

O acto do concurso será público, e terá lugar, perante a Mesa de Contratación, nunha das salas de reunións da Consellería da Presidencia e Administración Pública (edificio nº 1 de San Caetano) ás dez horas do segundo día hábil seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o día así sinalado que corresponda face-la apertura sexa sábado, efectuarase esta o primeiro día hábil seguinte.

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 1995.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública