Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Mércores, 28 de xuño de 1995 Páx. 5.096

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 12 de maio de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo da empresa Compañía de Tranvías da Coruña, S.A.

Visto o expediente do convenio colectivo Compañía de Tranvías da Coruña, S.A. que tivo entrada nesta delegación provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 10-5-1995 subscrito en representación da parte económica pola empresa, e, da parte social, polo comité de empresa o día 9-5-1995, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e o Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación e Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñer a súa publicación no BOP e no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 12 de maio de 1995.

Fernando Rodríguez Corcoba

Delegado provincial da Coruña

Convenio colectivo da Compañía de Tranvías da Coruña, S.A.

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

O presente convenio colectivo rexe, regula e actualiza as relacións laborais entre a empresa Compañía de Tranvías de A Coruña, S.A. e a totalidade do persoal en activo na data do asinamento do convenio.

Artigo 2º.-Ámbito temporal.

O presente convenio entrara en vigor para tódolos efectos, o 1 de xaneiro de 1995, e desde tal data producirá plenos efectos e a súa duración será ata o 31 de decembro de 1995.

Artigo 3º.-Revisión, rescisión ou prórroga.

O aviso previo de denuncia do convenio haberá que facelo cunha antelación mínima de un mes, respecto á data do seu vencemento, e de se-lo caso, de calquera das súas prórrogas. Unha vez producida a denuncia manterase vixente ata novo acordo en contido normativo.

O convenio quedará prorrogado tacitamente por sucesivos períodos de unha anualidade, no caso de que ningunha das partes formulara denuncia para a súa revisión ou recesión.

No caso de que o índice de prezos ó consumo (IPC) establecido polo INE rexistrase o 31 de decembro de 1995 un incremento respecto ó do 31 de decembro de 1994, superior ó 3% efectuarase unha revisión salarial, tan pronto se constate oficialmente tal circunstancia, no exceso sobre a indicada cifra. Tal incremento aboarase con efectos do 1 de xaneiro de 1995 e para levalo a cabo, tomaranse como referencia os salarios ou táboas utilizadas para realiza-los aumentos pactados para 1995.

Artigo 4º.-Compensación.

As condicións pactadas son compensables na súa totalidade coas que anteriormente rexesen por pacto ou fosen concedidas pola empresa, ou por imperativo legal regulamentario, xurisprudencia, contrato individual, usos e costumes locais ou por razón de calquera outra cousa.

Respectaranse as condicións persoais que con carácter global excedan do convenio, manténdose estrictamente ad personam.

Artigo 5º.-Unidade do convenio.

As estipulacións contidas neste convenio forman un todo orgánico e indivisible, polo que, necesa

riamente para efectos de interpretación e aplicación práctica, deberán ser consideradas globalmente en tódalas súas cláusulas ou artigos; a empresa deberá respectar, a tódolos traballadores as condicións máis beneficiosas, que, con anterioridade ó presente convenio se establecesen ou se viñesen desfrutando.

Artigo 6º.-Comisión paritaria.

A comisión será un órgano de interpretación, arbitraxe e vixilancia do cumprimento do pactado no presente convenio. As súas funcións serán:

1. Interpretación auténtica do convenio.

2. Arbitraxe dos problemas ou cuestións que lles sexan sometidas por ámbalas partes, de común acordo, en asuntos derivados deste convenio.

3. Conciliación facultativa nos problemas colectivos, con independencia das atribucións que, por norma legal, poidan corresponderlles ós organismos competentes.

4. Vixilancia do pactado e o seu cumprimento.

As resolucións ou acordos adoptados por unanimidade pola comisión paritaria terán carácter vinculante.

En caso de dúbida ou discrepancia, a comisión elevaría consulta á autoridade laboral competente.

A comisión comporase dun presidente, que será o do convenio e actuará como mediador con voz, pero non con voto, e de oito vocais, catro por cada parte, preferentemente de entre os que actuaron na deliberación do convenio. Ademais, o presidente redactará acta dos acordos e resolucións que se adopten na comisión, que deberán ser asinados por tódalas persoas que interveñan.

Poderán ser nomeados asesores por cada representación, aínda que eles terán dereito a voz, pero non a voto.

A comisión, en primeira convocatoria, non poderá actuar sen a presencia de tódolos vocais e en segunda o día seguinte hábil actuará cos que asistan, e terán voto unicamente en número paritario dos vocais presentes, sexan titulares ou suplentes.

A comisión paritaria reunirase por instancia de calquera das partes, e poranse de acordo estas co presidente, sobre o lugar, día e hora da reunión.

Ámbalas dúas partes conveñen en dar coñecemento á comisión paritaria de cantas dúbidas, discrepancias e conflictos puidesen producirse, como consecuencia da interpretación e aplicación do convenio.

Capítulo II

Retribucións económicas

Artigo 7º.-Retribucións.

O salario de todo traballador, de acordo coa lexislación vixente e en especial o decreto de ordenación de salario, estará composto por:

a) Salario base.

b) Antigüidade.

c) Plus de asistencia.

Artigo 8º.-Antigüidade.

Os traballadores que conforme o disposto na normativa legal desfruten do plus de antigüidade, seguirano percibindo segundo as porcentaxes actualmente en vigor. O importe da antigüidade calcularase sobre o salario base e manterase sen limitación ningunha ata a idade de 65 anos.

O persoal ingresado a partir do 1 de xaneiro de 1980 devengará a antigüidade conforme a seguinte táboa:

2 anos de antigüidade 5%.

4 anos de antigüidade 10%.

9 anos de antigüidade 20%.

14 anos de antigüidade 30%.

19 anos de antigüidade 40%.

24 anos de antigüidade 50%.

29 anos de antigüidade 60%.

A data inicial do cómputo da antigüidade será a do ingreso do traballador na empresa e devengarase desde o día seguinte de ter cumprido os anos.

Artigo.-Pagas extraordinarias.

Tódolos traballadores da Compañía de Tranvías da Coruña, S.A. percibirán dúas pagas extraordinarias que se denominarán de verán e Nadal. As ditas gratificacións percibiranse os días 15 de xullo e 15 de decembro respectivamente ou o día inmediatamente anterior cando aqueles coincidan en domingo ou festivo; o talón bancario levará esta data, e a súa contía será de 30 días de salario base incrementado co plus de antigüidade.

Artigo 10º.-Paga de beneficios.

A participación en beneficios virá determinada polo montante do 10% dos salarios devengados durante o período que comprende o presente convenio, dos conceptos correspondentes ó salario base e antigüidade correspondente a cada traballador. Aboarase antes do 16 de marzo.

Artigo 11º.-Quebranto de moeda.

A gratificación por quebranto de moeda queda establecida por este e futuros convenios no triple de prezo dun billete ordinario e revisarase mantendo o expresado criterio, sempre que se produza variación nas tarifas e coa mesma vixencia, e percibirase por día efectivo de traballo.

Artigo 12º.-Entrega de conta.

A gratificación por entrega de conta queda establecida en 405 pesetas diarias, e percibirase por día efectivo de traballo.

Artigo 13º.-Plus conductor-perceptor.

O conductor-perceptor, cando desempeñe simultaneamente as funcións de conductor e cobrador,

percibirá, ademais da remuneración correspondente á súa categoría, un complemento salarial por posto de traballo igual ó 20% do seu salario base por cada día en que realice ámbalas funcións. Igualmente percibirase nas vacacións anuais.

Artigo 14º.-Plus de compensación.

Establécese un plus para o persoal de administración, inspección e talleres que teñen unha contía establecida en trinta e unha mil duascentas pesetas anuais (31.200 pesetas) que se aboarán en doce pagas mensuais a razón de 2.600 pesetas cada unha.

Artigo 15º.-Traballos realizados en domingos e festivos.

Os domingos e festivos, non recuperables, traballados, compensaranse coa concesión de un día laborable para o descanso semanal.

Artigo 16º.-Nocturnidade.

O complemento de nocturnidade comezará a devengarse a partir das 22 horas do día e consistirá nun 25% sobre o salario base ou un 20% sobre o salario base e a antigüidade aplicándose, en cada caso, o resultado máis beneficioso para o traballador.

Artigo 17º.-Horas extraordinarias.

As partes asinantes do presente convenio acordan a conveniencia de reducir ó mínimo indispensable a realización de horas extraordinarias, axustándose estrictamente ós seguintes criterios:

a) Horas extraordinarias habituais: supresión.

b) Horas extraordinarias que veñan esixidas pola necesidade de reparar sinistros ou outros casos extraordinarios e urxentes: realización.

c) Horas extraordinarias por contratos ou períodos punta de producción, ausencias imprevistas, cambios de quenda e outras circunstancias de carácter estructural ou técnico da propia natureza da actividade: mantemento sempre que non caiba a utilización das distintas modalidades de contratación temporal ou parcial previstas pola lei. A dirección da empresa informará periodicamente ó comité de empresa sobre o número de horas extraordinarias realizadas, especificando as causas, e de se-lo caso, a distribución por seccións ou xeiras, e este redactará informe da situación á delegación de traballo. Se unha sección determinada da empresa houbese necesidade de realizar horas extraordinarias nas condicións anteriormente descritas, a súa realización virá determinada por decisión maioritaria do conxunto dos traballadores que integran a dita sección, e, en caso afirmativo teranas que realizar eles.

En ningún caso, o incremento das horas extraordinadas sobre o valor das horas ordinarias do traballo, será inferior ó 75%.

Artigo 18º.-Pagamento de salarios.

O pagamento de salarios efectuarase mediante cheque bancario ó portador dous días antes de fin de mes, e consignarase no cheque a data correspondente ó primeiro deles. A posibilidade que que algún dos

días bancarios coincidise en día inhábil substituirase polo día laborable inmediatamente anterior. O dito pagamento documentarase a través do modelo oficial de nómina existente actualmente.

No caso de que algún ou algúns traballadores ou persoal xubilado soliciten efectua-la domiciliación bancaria de nómina, a empresa comprométese a entregar ou depositar en calquera das entidades bancarias nas que manteña aberta conta corrente a correspondente relación nominal de traballadores interesados, no transcurso dos dous últimos días hábiles bancarios de cada mes. Os traballadores que, pola súa vontade, estean acollidos a este último parágrafo, asumirán os retrasos que por tramitación bancaria puidesen xurdir.

Capítulo III

Melloras sociais

Artigo 19º.-Complemento de indemnización.

Todo o persoal da empresa percibirá con cargo dela, no caso de ILT (incapacidade laboral transitoria), a diferencia entre o que lle corresponde percibir polo réxime xeral da Seguridade Social e a retribución real correspondente ó salario base e antigüidade.

Os traballadores ingresados na empresa con posterioridade a 1947 terán os mesmos dereitos para efectos de ILT que aqueles ingresados con anterioridade á dita data que os teñen recoñecidos.

A empresa aboará igualmente a cantidade necesaria para completa-lo 100% do salario base e antigüidade dos traballadores da compañía, beneficiarios das prestacións por longa enfermidade ou invalidez pola mutualidade correspondente.

Artigo 20º.-Seguro de morte e invalidez.

Establecerase unha póliza de seguros por morte ou invalidez, para cada un dos traballadores da compañía de tranvías e durante a sua permanencia en activo nela, consistente nunha indemnización de 1.500.000 pesetas en caso de morte natural e de 1.676.000 pesetas en caso de morte ou invalidez por accidente. A póliza producirá efectos a partir da data en que se asine o presente convenio. As primas deste seguro corren por conta da empresa, a cal deberá dar copia da póliza ó comité de empresa.

Os beneficiarios serán os seguintes familiares do mesmo:

-Viúva.

-Fillos.

-Ascendentes.

-Familiares ou persoas que convivan habitualmente con el.

En todo caso o traballador poderá variar e designar en documento á parte os familiares ou persoas beneficiarios.

Artigo 21º.-Fondo de axuda asistencial. Créase un fondo de axuda asistencial para sufragar gastos nece

sarios dos traballadores, destinado primordialmente a paliar:

1. Circunstancias sobrevidas de calquera índole, con excepción das derivadas de sancións impostas pola empresa, que supoñan para o traballador un quebranto económico importante.

2. Atencións de estudios para fillos segundo a orde de preferencia seguinte:

a) Os fillos orfos de traballadores.

b) Os pertencentes a familias numerosas.

c) Os que realicen estudios superiores e careceren de bolsa. Este fondo será administrado polo comité de empresa o cal proverá as respectivas adxudicacións e detallaranse públicamente a través do taboleiro de anuncios, para coñecemento de todo o persoal. A dotación será de 136.000 pesetas por ano de vixencia do convenio e por unha soa vez a cargo da empresa, e non se poderá acumular máis de tres anos consecutivos.

Artigo 22º.-Pases de libre circulación.

As mulleres ou maridos, se é o caso, fillos, viúvas, xubilados, pensionistas de longa enfermidade e invalidez e os fillos orfos de traballadores que o soliciten, terán dereito a un pase gratuíto para viaxar no vehículo da empresa. No que respecta ós fillos e orfos, gozarán de tal beneficio ata os 26 anos, sempre e cando acreditasen a súa necesidade en función de estudios que estivesen realizando; se algún dos beneficiarios traballase perdería tal beneficio, excepto se estivese realizando aprendizaxe, neste caso respectarase ata a idade que sinale a ordenanza laboral para as empresas de transportes por estrada, facendo extensivos estes beneficios para os fillos dos xubilados ou pensionistas de longa enfermidade ou invalidez.

Artigo 23º.-Libre acceso ós vehículos.

Tódolos traballadores da Compañía de Tranvías da Coruña, con presentación da tarxeta de identidade da empresa, terán libre acceso ós vehículos dela.

Artigo 24º.-Uniformes.

A empresa dotará a todo o persoal de uniformes conforme se especifica a continuación, e deberán vestir con limpeza e propiedade.

Cada dous anos entregarase ó persoal de movemento un uniforme completo composto dunha cazadora, dous pantalóns, un xersei e catro camisas.

A todo o persoal de movemento de novo ingreso, e por unha soa vez, seranlle entregados dous uniformes completos en vez de un.

Dotarase de botas e tres fundas a todo o persoal de talleres. Manteranse nas actuais condicións a entrega de zamarras e gardapós.

Artigo 25º.-Garantías no posto de traballo.

Todo conductor ou conductor-perceptor, se é o caso, que conducindo un vehículo da empresa come

tese unha infracción que supuxese a retirada do carné de conducir, terá dercito a desempeñar, sen perda da categoría laboral, o posto que, eventualmente, pudiese asignarlle a empresa. No caso de que, co seu vehículo propio cometese unha infracción que levase consigo a retirada de carné de conducir por un tempo máximo de dous anos, poderá desempeñar, sen perda de categoría laboral o posto que, eventualmente, puidese asignarlle a empresa.

No suposto de que a retirada do carné fose por tempo superior, a empresa unicamente se compromete, por tempo indefinido, a reservarlle o posto de traballo.

Para iso será necesario o informe previo do comité de empresa, que haberá de pronunciarse sobre as circustancias que en cada caso concorran.

Artigo 26º.-Capacidade diminuída.

Os traballadores da empresa que despois dun recoñecemento médico realizado polo servicio médico de empresas, o por un centro médico psicotécnico autorizado, non fosen considerados aptos para o seu posto de traballo habitual, e ademais non exista vacante noutro posto de traballo apto para as novas condicións, sempre que permanezan de baixa percibirán unha cantidade que, sumada, á que reciban outros conductores oficiais, acade o 100% do salario base e antigüidade correspondente ó posto que ocupaba, ata a data mínima de xubilación legal, e será necesaria a conformidade do traballador.

Artigo 27º.-Festas de Nadal.

A representación empresarial e o comité de empresa, conxuntamente, comprométense a solicitar do concello a autorización pertinente para adianta-lo día 24 de decembro a retirada do servicio ás 21 horas e o día 31 de decembro ás 21.30 horas e os días 25 de decembro e 1 de xaneiro atrasar-la saída ás 10 horas. Para o persoal de talleres e administración, os días 24 e 31 de decembro a xornada laboral finalizará ás 13 horas.

Artigo 28º.-Indemnizacións por falecemento.

A empresa aboará dúas mensualidades compostas polo salario base, antigüidade e plus de asistencia, no caso de falecemento de calquera traballador en activo, os cales se entregarán ós seguintes familiares:

-Viúva.

-Fillos.

-Ascendentes.

-Familiares ou persoas que con el convivan habitualmente.

Á parte destas dúas mensualidades, a empresa aboaralles ós ditos familiares, o salario, antigüidade e plus do mes completo no que faleza sen ter en conta o día en que tal feito ocorra. A cantidade que se aboa por loitos será de 50.000 pesetas.

Capítulo IV

Xornada laboral

Artigo 29º.-Xornada laboral.

A xornada terá unha duración máxima ordinaria de traballo de 40 horas semanais, equivalente a 1.826 horas efectivas anuais e será continuada, excepto en circunstancias especiais en que o servicio o requira. Ámbalas panes acordan en relación cos conductores-perceptores mante-lo mesmo sistema de traballo e descanso vixente, polo que, cada semana se darán dous días de descanso.

A xornada laboral do persoal de administración e talleres finalizará para tódolos efectos ás 13 horas do sábado.

Capítulo V

Licencias e vacacións

Artigo 30º.- Licencias, vacacións e permisos non retribuídos.

O traballador, logo de aviso e xustificación, poderá ausentarse do traballo, con dereito a remuneración, por algún dos motivos e polo tempo seguinte:

a) Dezaseis días naturais no caso de matrimonio do traballador.

b) Tres días en caso de nacemento de fillos, falecemento ou enfermidade grave da muller ou dos fillos, fillos políticos, pais, irmáns, avós, netos, padrastros e cuñados de ámbolos dous cónxuxes.

Cando por tal motivo o traballador teña que realizar un desprazamento fóra da provincia, o prazo será de cinco días.

c) Dous días por traslado de domicilio habitual.

d) Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inexcusable de carácter público e persoal. Cando conste nunha norma legal ou convencional un período determinado, haberá que aterse ó que esta dispoña no referente á duración da ausencia e a súa compensación económica.

e) Dous días de permiso retribuídos, podendo ampliarse a un máis sen retribución, no caso de falecemento de tíos de ámbolos dous cónxuxes.

f) No caso de falecemento de familiares non mencionados no apartado b) e e), ou no suposto de casamento de fillos, ou bautizos e primeiras comunións, a empresa facilitaralle ó traballador o tempo necesario para tal fin sen que o dito tempo sexa retribuído.

Independentemente do anterior, recoñécelle a todo o persoal ó servicio da empresa o dereito a gozar dun permiso anual sen retribución, de dotación non superior a sete días para asuntos propios. A utiliación deste permiso precisará a xustificación previa da causa que o motiva, e a súa concesión, que será automática, só se condiciona a que sexa solicitado cunha semana de antelación.

Só poderá utilizarse unha vez ó ano e o seu caso non será acumulable ó ano seguinte. O traballador durante estes días estará en situación de alta á Seguridade Social. Será oído o parecer do comité da empresa.

Artigo 31º.-Vacacións.

As vacacións serán de trinta días naturais retribuídas a razón de salario base, antigüidade, plus de conductor-perceptor, se é o caso, e plus de asistencia.

Artigo 32º.-Excedencias.

Os traballadores cunha antigüidade na empresa de un ano, como mínimo, teñen dereito a que a empresa lles recoñeza a posibilidade de situarse en excedencia voluntaria, por un prazo non menor a dous anos e non maior de cinco.

O reingreso deberá ser soliciatado con un mes de antelación á terminación da excedencia e producirase de forma automática, sempre e cando a lexislación vixente en cada momento permita a contratación temporal por períodos equivalentes ó da excedencia.

En caso contrario, atenderase ó disposto no Estatuto dos traballadores.

Artigo 33º.-Xubilación.

Os traballadores compredidos entre os 60 e 64 anos de idade poderán solicitar da empresa a xubilación anticipada.

Para iso, a empresa completará ó traballador que se xubile anticipadamente cunha cantidade equivalente á diferencia existente entre o salario que viñese percibindo, é dicir, salario base e antigüidade e a pensión que sexa fixada pola mutualidade ou organismo competente.

Con motivo da entrada en vigor da Lei 26/1985, é dicir, o día 1 de agosto de 1985, o complemento concedido pola empresa calcularase do seguinte modo:

a) En primeiro termo efectuarase o cálculo tomando como base reguladora a suma das bases de cotización dos vintecatro meses inmediatamente anteriores á data da solicitude de xubilación, e dividirase por vinteoito, á base reguladora así obtida, aplicaráselle o coeficiente reductor correspondente á idade do traballador, de acordo co establecido na disposición transitoria 1ª, nº 9 da orde ministerial do 18-1-1967. Unha vez obtida esta base, a empresa aboará a diferencia existente entre ela e o salario base máis antigüidade que o traballador percibise na data de solicitude de xubilación.

b) Para o suposto de que existise diferencia entre a pensión así calculada e a que fose outorgada pola entidade xestora, (I.N.S.S.), calculado segundo o novo sistema establecido pola Lei 26/1985, a empresa aboará o 50% da dita diferencia.

Para a mellor comprensión do pactado nos precedentes apartados, artículase o seguinte exemplo:

Traballador con salario base e antigüidade de 65.000 pesetas, que, por aplicación do sistema de cálculo previsto no apartado a) lle correspondese

unha base reguladora de 45.000 pesetas, con aplicación do correspondente coeficiente reductor, a empresa aboará 20.000 pesetas, pola diferencia entre a súa retribución e súa a base reguladora.

Se efectuado o cálculo polo novo sistema da Lei 26/1985, lle corresponde unha base reguladora de 40.000 pesetas, por aplicación do establecido no apartado b), a empresa aboaría a cantidade de 2.500 pesetas, 50% da diferencia existente entre a base reguladora antes citada de 45.000 pesetas, segundo o sistema antigo, e 40.000 pesetas, segundo o sistema actual.

Independentemente diso, a dirección poderá chegar a un acordo de forma individual, en cada caso, mellorando as condicións pactadas no presente convenio colectivo.

A anterior redacción do artigo 32º incluirase no novo convenio colectivo para o ano 1987 e anos sucesivos, mentres non variase novamente a lexislación, e neste caso negociarase.

O premio de xubilación, segundo o momento e idade en que llo exerciten queda establecido na forma seguinte:

Ós 60 anos: 221.500 pesetas.

Ós 61 anos: 221.500 pesetas.

Ós 62 anos: 253.600 pesetas.

Ós 63 anos: 311.500 pesetas.

Capítulo VI

Seguridade e hixiene

Artigo 34º.-Comité de seguridade e hixiene.

Acórdase a creación inmediata dun comité de seguridade e hixiene no traballo que ten como funcións e atribucións inmediatas:

a) Promover na empresa a observancia das disposicións vixentes en materia de seguridade e hixiene.

b) Estudiar e propoñe-las medidas oportunas para a prevención de riscos profesionais, protección da vida, integridade física, saúde e benestar dos traballadores.

c) Seren informados pola dirección da empresa das medidas concretas que se previsen en materia de seguridade e hixiene, tendo facultade de propoñer adecuacións, modificacións ou adicións pertinentes ó plan de seguridade por iniciativa do comité.

d) O comité de seguridade e hixiene poderá insta-la paralización das actividades ante o inminente risco de accidente.

e) O comité de seguridade e hixiene estará composto polo empresario ou quen o represente, un técnico cualificado nestas materias (designado pola empresa e o comité de empresa, conxuntamente) e catro representantes das categorías profesionais máis representativas.

O comité de seguridade reunirase unha vez o mes, en horas de traballo.

As reunións extraordinarias faranse por razóns de urxencia.

Este comité de seguridade e hixiene dará conta das súas funcións, polo menos unha vez o mes, ó comité de empresa.

O comité de seguridade e hixiene terá dereito a pedir do empresario as estatísticas sobre o índice de absentismo e as súas causas, os accidentes de traballo e as súas causas, enfermidades profesionais e as súas consecuencias e os índices de sinistrabilidade.

Capítulo VII

Dos sindicatos e do comité de empresa

Artigo 35º.-Do comité de empresa.

a) Dereito á negociación colectiva.

b) Dereito á información trimestral, polo menos sobre a evolución contable da sociedade.

c) Dereito a coñecer con antelación suficiente os plans de formación profesional da empresa procesos de absorción e fusión ou modificación do estatus xurídico da empresa e das modificacións da actividade da empresa.

d) Seren informados previamente á presentación na delegación de traballo e organismos competentes sobre a reestructuración dos cadros de persoal, peche da empresa ou suspensións temporais de contrato, reducción de xornada, traslado das instalacións da emprega e, en xeral, sobre todo proxecto ou acción empresarial que poida afectar substancialmente os intereses dos traballadores. Igualmente deberá ser informado previamente sobre a implantación ou revisión de sistemas de organización do traballo e calquera das súas posibles consecuencias.

e) Coñece-los modelos de contrato de traballo escrito que se utilizan na empresa, así como os documentos relativos á terminación da relación laboral.

f) Dereito a exercer unha función de vixilancia sobre:

-O cumprimento das normas vixentes en materia laboral e seguridade social.

-As condicións de seguridade e hixiene nas que se desenvolve o traballo na empresa.

g) Dereito a participar na xestión das obras sociais da empresa a beneficio dos traballadores ou os seus familiares.

h) Dereito a que lle sexa comunicada con carácter previo toda decisión en supostos de sancións graves ou despedimentos.

i) Dereito a convocar asembleas de tódolos traballadores sen mais trámite cá previa notificación ó empresario.

j) O comité terá dereito a doce horas anuais retribuídas dentro da xornada laboral, durante o tempo

que se considere necesario se é fóra da xornada.

Estas asembleas convocaranse no local da empresa.

Por realizarse o traballo a quendas e non poder efectuarse unha única asemblea, as diversas reunións parciais que teñan que celebrarse consideraranse como unha soa.

k) As horas serán acumuladas entre os diferentes membros do comité de empresa.

O comité gozará dunha reserva de trinta e dúas horas mensuais retribuídas con tódolos seus emolumentos, igual que calquera outro día efectivo de traballo, para o exercicio das funcións sindicais que lles correspondan.

Artigo 36º.-Atribucións das seccións sindicais.

a) Difundir publicacións e avisos de carácter sindical ou laboral nos locais de empresa, sen perturba-lo normal desenvolvemento do proceso productivo.

b) Fixar todo tipo de comunicacións e anuncios de carácter sindical ou laboral nos taboleiros que para tal efecto, deberá establece-la empresa dentro dela ou en lugares que garantan un adecuado acceso a eles por tódolos traballadores.

c) En materia de reunións axustarán a súa conducta á normativa legal vixente.

d) Poderán dispoñer do local destinado ó comité de empresa sempre e cando sexan autorizados para o efecto por este último.

e) Propoñer candidatos ás eleccións para cubri-los postos do comité de empresa.

f) Elixir un responsable sindical que os represente ante a empresa e que sexa ante esta o voceiro da sección sindical.

g) Utilizar asesores sindicais, economistas, avogados, etc. nos temas colectivos.

h) Obriga por parte da empresa de desconta-la cota sindical da nómina dos traballadores que a través da sección sindical o soliciten.

i) Terán dereito a un número de oito días de permiso sen retribución ó ano para o exercicio das súas actividades sindicais, por parte dos seus membros, con previa notificación á empresa e dez horas de traballo ó mes retribuídas para o exercicio do labor sindical, dentro ou fóra da empresa.

Cláusula adicional

Con respecto ós novos ingresos de traballadores en igualdade de condicións, daráselles preferencia ós fillos de empregados ou pensionistas da empresa.