Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Mércores, 28 de xuño de 1995 Páx. 5.095

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 17 de abril de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación no Diario Oficial de Galicia da revisión salarial do convenio colectivo do sector de almacenistas de madeira.

Visto o expediente da revisión salarial do convenio colectivo para o sector de almacenistas de madeira, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 11-4-1995, subscrito en representación da parte económica pola Asociación Provincial de Empresarios de Madeira, e da parte social polas centrais sindicais CIG, CC.OO. e UGT, o día, 3-4-1995. De conformidade co disposto no artigo 9 do texto do convenio colectivo, artigo 90.2º e 3º da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da provincia de Pontevedra,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Tereciro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 17 de abril de 1995.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Acta revisión salarial para o convenio de almacenistas de madeira

Asistentes:

Representación social:

-UGT.

José C. Rodríguez del Ríos.

Ramón Carrera Molares.

-CC.OO.

Marcos González Oliveira.

Jaime Pereira Silva.

-CIG.

Xosé Xoán Melón González.

Felipe Núñez Rodríguez.

José Tomé Villar.

Representación empresarial:

Antonio González González.

Pedro Piñeiro Barreiro.

Serafin Seijo Alonso.

Reunidos en Vigo o día tres de abril de mil novecentos noventa e cinco, a comisión paritaria do convenio de almacenistas de madeira da provincia de Pontevedra, co obxecto de proceder a efectua-la revi

sión salarial, para o convenio do 1º de outubro de 1993 ó 30 de setembro de 1994 e unha vez constatado que o IPC foi do 4,5%, no dito período, procédese a revisa-los salarios, quedando como segue: