Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Martes, 27 de xuño de 1995 Páx. 5.041

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 15 de xuño de 1995 pola que se resolve definitivamente o concurso de traslados entre funcionarios docentes dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional e profesores de escolas oficiais de idiomas.

De conformidade co establecido na base décimo oitava da orde desta consellería do 6 de outubro de 1994 (DOG do 17), pola que se convocaba concurso de traslados entre profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional e profesores de escolas oficiais de idiomas entre outros, esta consellería,

DISPÓN:

Primeiro.-Adxudicar destino definitivo en virtude de concurso de traslados ós profesores que figuran nos anexos I, II e III respectivamente, nos centros, que alí se especifican.

Segundo.-Declarar en situación de expectativa de destino os profesores que se relacionan no anexo IV.

Terceiro.-Os interesados tomarán posesión dos novos destinos que se lles adxudican por esta orde os días 12 e 13 do próximo mes de setembro, e incorporaranse ós centros os días 14 e 15 do mesmo mes. A referida toma de posesión producirá efectos económicos e administrativos desde o día 1 de outubro de 1995.

Cuarto.-Os profesores participantes neste concurso de traslados que presentasen documentación poderán retirala eles mesmos ou por medio de persoa autorizada no Servicio de Profesorado de Ensinanzas Secundaria e Especiais desta consellería (San Caetano, Santiago de Compostela), no prazo de un mes contado a partir do remate de que transcorran tres meses desde a publicación da presente orde.

O que lle comunica a V.I. para o seu coñecemento e demais efectos.

Santiago de Compostela, 15 de xuño de 1995.

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria