Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Martes, 27 de xuño de 1995 Páx. 5.040

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 16 de xuño de 1995 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Agricultura, Gandería e Montes.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de un posto de traballo vacante na Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, por Orde do 3 de maio de 1995 (DOG número 93, do 16 de maio), esta consellería, en uso das facultades

e atribucións conferidas pola Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, no seu artigo 15.4º e de conformidade co disposto no artigo 27.2º da referida lei,

DISPÓN:

Primeiro.-Adxudicar destino, no posto de traballo que se indica, e selecciona-la funcionaria que se sinala no anexo da presente orde.

Segundo.-O cesamento no actual destino da funcionaria que obtivo praza, producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ó da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días a partir do seguinte ó do cesamento, de tratarse da mesma localidade na que actualmente presta os seus servicios a funcionaria, ou de un mes, se radica en distinta localidade, de conformidade co establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo e co disposto na base sétima da convocatoria.

Terceiro.-A xefatura de persoal do centro onde cause alta a funcionaria efectuará, dentro dos prazos sinalados anteriormente, as dilixencias de toma de posesión e seguidamente serán realizados os trámites para a súa alta en nómina.

Das dilixencias efectuadas serán remitidas copias á Dirección Xeral da Función Pública, da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Cuarto.-Contra a presente orde, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, previsto na Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, do 27 de decembro de 1956, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, logo de comunicarllo a esta consellería, segundo o previsto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 16 de xuño de 1995.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

ANEXO

Número de rexistro persoal: 3326763635-A2071.

Grupo: A.

Apelidos e nome: Vega Lorenzo, Marta.

Posto de traballo: asesora xurídica.

Nivel: 30.

Localidade: Santiago de Compostela.

Dependencia: Asesoría Xurídica Xeral.