Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Luns, 26 de xuño de 1995 Páx. 5.014

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

EDICTO do 7 de abril de 1995, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, polo que se inicia a tramitación do expediente nº 309 de clasificación do monte de Ribavella, de Coenlleira e de Xarás, pertencente á parroquia de Artes, concello de Ribeira.

Perante este Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común, tramítase expediente nº 309 de clasificación do monte que ten as características que se indican a continuación:

Denominación: de Ribavella, de Coenlleira e de Xarás.

Comunidade: parroquia de Artes.

Concello: Ribeira.

Superficie: 4,59 Ha.

Lindeiros:

De acordo coa descrición que se deriva dos planos aportados polos propios solicitantes e que se incorporan ó expediente, o monte consta das seguintes parcelas:

I. Monte de Ribavella. Cunha superficie de 26.735 m. Situado xunto a monte declarado veciñal.

-Parcela 1ª. Superficie: 15.997 m.

Norte: Domingo Martínez.

Leste: estrada de Noia a Ribeira, que o separa de monte veciñal.

Sur: José Fernández.

Oeste: Macaños da Gándara, Hrdos. de Adelino Pás e outros.

-Parcela 2ª. Superficie: 10.738 m.

Norte: José Fernández.

Leste: estrada de Noia a Ribeira, que o separa de monte veciñal.

Sur: Juan Casais.

Oeste: José Suárez Pena e Macaños da Gándara.

II. Monte de Coenlleira. Superficie de 9.606,37 m. Situado no lugar da Coenlleira.

-Parcela 1ª. Superficie de 5.165 m. Situado no punto kilométrico 0,400 da estrada de Xarás a Montevixán.

Norte: acaba en punta.

Leste: estrada de Xarás a Montevixán.

Sur: acaba en punta.

Oeste: Hrdos. do conde de Bugallal.

-Parcela 2ª. Superficie de 925,62 m. PK. 0,800 da estrada de Xarás a Montevixán.

Norte: acaba en punta.

Leste: estrada de Xarás a Montevixán.

Sur: acaba en punta.

Oeste: Hrdos. do conde de Bugallal.

-Parcela 3ª. Superficie de 3.515,75 m. PK. 1,100 da estrada de Xarás a Montevixán.

Norte: acaba en punta.

Leste: estrada de Xarás a Montevixán.

Sur: acaba en punta.

Oeste: Hrdos. do conde de Bugallal.

III. Monte de Xarás. Cunha superficie de 9.752, 60 m. Situado no lugar de Xarás.

-Parcela 1ª. Superficie 5.412,40 m.

Norte: Hrdos. de Amador Ageitos e estrada veciñal de Xarás a Olveira.

Leste: estrada veciñal de Xarás a Olveira.

Sur: camiño veciñal sen pavimentar a Viñanova que a separa de predio de Hrdos. de Bugallal.

Oeste: camiño de carro a Outeiro que la separa de predio de Hrdos. de Amador Ageitos.

-Parcela 2ª. Superficie 4.160,20 m.

Norte: parcela ocupada por Maincar S.L.

Leste: estrada comarcal C-550 de Noia a Ribeira.

Sur e Oeste: estrada veciñal de Xarás a Olveira e camiño de carro que a separa de predio de Hrdos. de Amador Ageitos.

En virtude do acordado polo xurado, e en cumprimiento da orde do instructor, do 7 de abril de 1995, conforme o disposto na Lei de montes veciñais en man común, do 10 de outubro de 1989, e demais disposicións de aplicación, por medio do presente edicto faise pública a iniciación da tramitación do expediente indicado, co obxecto de que, de acordo co previsto no Art. 23 do Regulamento do 23 de setembro de 1992, para a aplicación da citada lei, cantas persoas, organismos ou corporacións resulten interesadas, poidan comparecer e intervir no expediente iniciado e formular perante o xurado, no prazo de un mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación do presente edicto no Diario Oficial de Galicia, cantas alegacións coiden oportunas na defensa dos dereitos que crean asistirlles en relación co monte, aportando, se é o caso, a documentación que consiederen conveniente ó respecto.

A Coruña, 7 de abril de 1995.

Manuel Puente Araújo

Secretario do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña

Juan Ramón Beneyto Bellas

Instructor