Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Luns, 26 de xuño de 1995 Páx. 5.014

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

EDICTO do 3 de abril de 1995, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, polo que se inicia a tramitación do expediente nº 306 de clasificación do monte O Son, pertencente ó lugar do Son, parroquia de Cee, concello de Cee.

Perante este Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común, tramítase expediente nº 306 de clasificación do monte que ten as características que se indican a continuación:

Denominación: O Son.

Comunidade: lugar do Son.

Concello: Cee.

Superficie: 40,70 Ha.

Lindeiros:

Coincide coa parcela 546, polígonos 16 e 19 do catastro de rústica.

Norte: herdos. de Celestino Canosa.

Leste: camiño de Toba ó Son, J. Bouzas, camiño público, herdos. de María Trillo, de novo camiño público, e camiño de Toba ó Son, José Caeiro e outro. S. Roget, Humberto Creus e camiño.

Sur: Alejandro Domínguez e outros, camiño real que o separa do termo do concello de Corcubión.

Oeste: M. Castro, J. Yermo e outros.

En virtude do acordado polo xurado, e en cumprimiento da orde do instructor, do 3 de abril de 1995, conforme o disposto na Lei de montes veciñais en man común, do 10 de outubro de 1989, e demais disposicións de aplicación, por medio do presente edicto faise pública a iniciación da tramitación do expediente indicado, co obxecto de que, de acordo co previsto no Art. 23 do Regulamento do 23 de setembro de 1992, para a aplicación da citada lei, cantas persoas, organismos ou corporacións resulten interesadas, poidan comparecer e intervir no expediente iniciado e formular perante o xurado, no prazo de un mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación do presente edicto no Diario 0ficial de Galicia, cantas alegacións coiden oportunas na defensa dos dereitos que crean asistirlles en relación co monte, aportando se é o caso, a documentación que consiederen conveniente ó respecto.

A Coruña, 3 de abril de 1995.

Manuel Puente Araújo

Secretario do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña

Juan Ramón Beneyto Bellas

Instructor do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña