Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Luns, 26 de xuño de 1995 Páx. 4.994

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 8 de xuño de 1995 pola que se aproban os tipos de xuro máximos que as entidades financeiras aplicarán durante o segundo semestre do ano 1995 ós préstamos en vigor dos convenios de axuda financeira ás PEMES dos anos 1992, 1993 e 1994.

De conformidade cos convenios de colaboración de axuda financeira ás PEMES asinados coas entidades financeiras durante os anos 1992, 1993 e 1994, os tipos de xuro para exercicios futuros dos préstamos subvencionados pola Xunta de Galicia que se formalizaron ó abeiro dos ditos convenios serán variables por semestres naturais, establecéndose no texto dos correspondentes convenios o sistema de determinación do tipo de xuro.

Visto o exposto e de conformidade coas entidades financeiras asinantes dos convenios e en virtude das facultades que teño conferidas,

DISPOÑO

Primeiro.-Os tipos de xuro máximos que se aplicarán durante o segundo semestre do ano 1995 para os préstamos en vigor dos convenios de axudas financeiras ás PEMES dos anos 1992, 1993 e 1994 serán os seguintes:

Préstamos do convenio 1992: 11,60%.

Préstamos do convenio 1993: 11,10%.

Préstamos do convenio 1994: 11,10%.

Segundo.-As entidades financeiras comunicarán ós beneficiarios dos préstamos subvencionados a variación do tipo de xuro.

Terceiro.-En ningún caso o tipo de xuro do préstamo con cargo ó beneficiario poderá ser inferior ó límite mínimo fixado nos respectivos convenios.

Santiago de Compostela, 8 de xuño de 1995.

José Antonio Orza Fernández

Presidente do Instituto Galego de Promoción Económica