Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Luns, 26 de xuño de 1995 Páx. 4.987

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 11 de maio de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo número 02/4309/1995, interposto por María Cristina Carvajo Vicente.

Para os efectos de dar cumprimento ó solicitado polo presidente da Sala do Contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en relación co recurso contencioso-Administrativo

número 02/4309/1995 interposto por María Cristina Carvajo Vicente, contra acordo da Comisión Provincial de Urbanismo de Pontevedra e desestimación presunta do recuso de alzada presentado ante a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda o 22-11-1993, sobre aprobación do Plan Xeral Ordenación Urbana do Concello da Guarda, esta consellería resolveu ordena-la remisión dos expedientes administrativos ó dito tribunal.

O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento e son emprazadas para que poidan comparecer nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nove días, segundo dispón o artigo 64 da Lei de xurisdicción contencioso-administrativa, reformada pola Lei 10/1992, do 30 de abril.

Santiago de Compostela, 11 de maio de 1995.

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda