Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Luns, 26 de xuño de 1995 Páx. 4.987

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 3 de maio de 1995 sobre revogación do título-licencia de axencia de viaxes a Viajes Abrente, S.A., co número 706 de orde, e casa central no Carballiño (Ourense), rúa Cuesta número 8.

Visto o expediente de revogación do título-licencia á axencia de viaxes Viajes Abrente, S.A., sita na rúa Cuesta nº 8 do Carballiño (Ourense), da que é titular Luis Pardo Novoa.

Resultando que ó abeiro do establecido na disposición transitoria 1ª do Decreto 155/1989, do 22 de xuño, pola que se aproba o Regulamento das axencias de viaxes de Galicia, notificóuselle á citada axencia mediante cédula do 23 de novembro de 1994 (DOG nº 3, do 4 de xaneiro de 1995) a obrigatoriedade de presentar, perante a Secretaría Xeral para o Turismo, no prazo de un mes, a documentación acreditativa de ter realizada a súa adecuación a cada un dos aspectos recollidos no referido decreto.

Resultando que a axencia Viajes Abrente, S.A. non presentou a documentación requirida, polo que continúa sen adaptarse ós requisitos e prescricións contidos no mencionado regulamento.

Considerando que ó ter transcorrido sobradamente o prazo sinalado pola normativa vixente, sen que a citada axencia presentase a documentación necesaria para adaptarse ó Regulamento das axencias de viaxes de Galicia, cómpre revogar de oficio o seu título-licencia, de conformidade co establecido no nº 2 da disposición transitoria primeira do Decreto 155/1989, do 22 de xuño, polo que se aproba o devandito regulamento.

Vistos a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o Decreto 155/1989, do 22 de xuño, polo que se aproba o Regulamento das axencias de viaxes de Galicia, esta consellería resolve,

Revoga-lo título-licencia de axencia de viaxes a Viajes Abrente, S.A., co nº 706 de orde e casa central no Carballiño (Ourense), rúa Cuesta nº 8.

Contra esta resolución, o interesado poderá interpor recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de maio de 1995.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA