Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Venres, 23 de xuño de 1995 Páx. 4.980

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA

EDICTO.

A Sala de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, na súa reunión do 12 de maio de 1995, acordou nomear, por un período de catro anos, a José González Legaspi e a María Isabel Crecente Rodríguez xuíces de paz titular e substituto, respectivamente, do Concello de Burela (Lugo), desta comunide autónoma, que foron elixidos polo pleno do devandito concello con obtención do voto favorable da maioría absoluta dos seus membros.

Contra este acordo poderán os interesados presentar recurso de alzada dentro dos 15 días seguintes ó da publicación desta edicto perante o Consello Xeral do Poder Xudicial.

Os xuíces de paz nomeados deberán prestar xuramento ou promesa na forma en que establece o artigo 101.5º da Lei orgánica do poder xudicial perante o xuíz de primeira instancia e instrucción respectivo, no prazo de 10 días a partir do seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e, posteriormente, no prazo de 3 días, tomarán posesión no Xulgado de Paz, para o que son nomeados, perante quen se atope exercendo a xurisdicción.

Aqueles xuíces de paz nomeados que estean incursos nalgunha incompatibilidade deberán optar, dentro do prazo de oito días, pola praza que lles interese.

A Coruña, doce de maio de mil novecentos noventa e cinco.

Vicente Fernández Riera

Secretario de Goberno