Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Venres, 23 de xuño de 1995 Páx. 4.968

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 1995, da Dirección Xeral de Industria, pola que se somete a información pública o proxecto de autorización da instalación de gasificación do noroeste: rede de Ourense, promovido pola empresa Enagás, S.A.

De acordo co disposto na Lei 10/1987, do 15 de xuño, de disposicións básicas para un desenvolvemento coordinado de actuacións en materia de combustibles gasosos, Regulamento xeral do servicio público de gases combustibles, aprobado por Decreto 2913/1973, do 26 de outubro, artigos 39 da Lei de procedemento administrativo e 86 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, artigos 17 da Lei de expropiación forzosa e 56 do seu regulamento, texto refundido da Lei sobre o réxime do solo e ordenación urbana, aprobado por Real decreto lexislativo 1/1992, do 26 de xuño, Lei 11/1985, do 22 de agosto, de adaptación da do solo a Galicia e demais normativa específica de aplicación, e para os efectos previstos no acordo do Consello da Xunta de Galicia do 6 de maio de 1993, polo que se designa a Consellería de Industria e Comercio como órgano competente por razón da materia para a tramitación da unidade de expediente e

resolución única do procedemento, se somete a información pública o proxecto de gasificación do noroeste: rede de Ourense, declarado de utilidade pública polo artigo 10 da citada Lei 10/1987.

Peticionario.

Enagás, S.A., con domicilio na Avda. de América, nº 38, 28028 Madrid, titular da concesión administrativa outorgada por orde do conselleiro de Industria e Comercio do 12 de marzo de 1993 para a prestación do servicio público de conducción e subministración de gas natural para usos industriais nos concellos de Amoeiro, Ourense, Barbadás e San Cibrao das Viñas.

Obxecto da petición.

Autorización administrativa e aprobación do proxecto de rede de Ourense.

A autorización administrativa que se solicita comportará, de acordo co que establecen os artigos 10 e 11 da Lei 10/1987, do 15 de xuño, de disposicións básicas para un desenvolvemento coordinado de actuacións en materia de combustibles gasosos, os beneficios da declaración de utilidade pública e a necesidade de ocupación urxente para o efecto de expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións e da imposición e o exercicio da servidume de paso e doutras limitacións de dominio.

Características das instalacións.

O trazado da conducción parte da denominada posición I-022.4, á que chega o ramal Pontevedra-Ourense do gasoducto de transporte, atravesando os concellos de Amoeiro (2.744 m), Ourense (18.590 m) e San Cibrao das Viñas (3.058 m), pertencentes á provincia de Ourense.

Lonxitude total: 24.392 m.

Os tubos construiranse de aceiro de calidade Gr.B, segundo API 5L, con diámetro de 6'' para a liña principal e de 4'' e 2'' para os distintos ramais e acometidas.

Os tubos están dotados de revestimentos externos e dispositivos de protección catódica.

A presión de deseño efectiva é de 16 bar.

O caudal que hai que transportar para os consumos previstos ascende a 5.640 Nm/h.

Instalacións auxiliares.

-Válvulas de seccionamento.

-Válculas de derivación.

-Válvulas de acometida.

Concellos.

Amoeiro, Ourense e San Cibrao das Viñas.

Orzamento: 572.516.050 ptas. (cincocentos setenta e dous millóns cincocentas dezaseis mil cincuenta pesetas).

Afección a predios particulares.

A afección a predios particulares derivada da construcción do gasoducto e das súas instalacións auxiliares concrétase da seguinte forma:

Un.-Expropiación en pleno dominio dos terreos sobre os que se van construí-las instalacións fixas en superficie.

Dous.-Para as canalizacións:

A) Imposición de servidume permanente de paso nunha franxa de terreo de dous metros de largo, por onde discorrerán enterrados os tubos que se requiran para a conducción do gas. Esta franxa estará suxeita ás seguintes limitacións:

1. Prohibición de efectuar traballos de arada ou similares a unha profundidade superior a cincuenta centímetros, así como de plantar árbores ou arbustos, a unha distancia inferior a dous metros contados desde o eixe dos tubos.

2. Prohibición de realizar calquera tipo de obras ou efectuar algún acto que puidese danar ou perturba-lo bo funcionamento das instalacións, a unha distancia inferior a cinco metros do eixe do trazado, a un e outro lado del. Esta distancia poderá reducirse sempre que se solicite expresamente e se cumpran as condicións que en cada caso fixe o órgano competente da Administración.

3. Libre acceso do persoal e equipos necesarios para poder mantener, reparar ou renova-las instalacións con pagamento, se é o caso, dos danos que se ocasionen.

4. Posibilidade de instala-los fitos de sinalización ou delimitación e os tubos de ventilación, así como as obras superficiais ou subterráneas que cumpran para a execución ou funcionamento das instalacións.

B) Ocupación temporal dos terreos necesarios para a execución das obras, da zona que se reflicte para cada predio nos planos parcelarios de expropiación e na que se fará desaparecer todo atranco, así como realiza-las obras necesarias para o tendido e instalación da canalización e elementos anexos, executando as obras ou operacións precisas para os ditos fins.

Tres.-Para o paso dos cables de conexión e elementos dispersores de protección catódica:

A) Imposición de servidume permanente de paso nunha franxa de terreo de un metro de largo, por onde discorrerán enterrados os cables de conexión e os elementos dispersores de protección catódica, que estará suxeita á prohibición de efectuar traballos de arada ou similares a unha profundidade superior a cincuenta centímetros, así como de plantar árbores ou arbustos e para realizar calquera tipo de obras, construcción ou edificación nunha franxa de terreo de tres metros de largo (1,5 metros a cada lado do eixe das instalacións), así como o dereito a tronzar ou arrinca-las árbores ou arbustos que houbese a unha distancia inferior á indicada.

B) Ocupación temporal, como necesidade derivada da execución das obras, da zona que se reflicte para cada predio nos planos parcelarios de expropiación e na que se poderá facer desaparecer todo atranco, así como realiza-las obras necesarias para o tendido e a montaxe das instalacións ou operacións precisas para os ditos fins.

Catro.-Para as liñas eléctricas:

A) Servidume de paso de liña eléctrica aérea nun predio de terreo de dous metros de largo ó longo dela, que implicará:

1. Prohibición de levantar edificacións ou construccións de calquera tipo, nin efectuar ningún acto que poida dana-lo bo funcionamento da liña nunha franxa de cinco metros de largo, contando como centro da franxa la liña de postes do tendido.

2. Prohibición de plantar árbores de gran porte nunha franxa de dous metros de largo.

3. Libre acceso do personal e elementos necesarios para poder vixiar, manter, reparar ou renova-las instalacións con pagamento, se é o caso, dos danos que se ocasionen.

B) Ocupación temporal da superficie que se determina para cada predio nos planos parcelarios para realiza-las obras necesarias.

O proxecto inclúe planos parcelarios e a relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados.

O que se fai público para coñecemento xeral e especialmente dos propietarios de terreos e demais titulares afectados polo dito proxecto, que se relacionan ó final deste anuncio para que poida ser examinado o expediente na Dirección Xeral de Industria da Consellería de Industria e Comercio, edificios administrativos de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela e na Delegación Provincial de Ourense, r/Curros Enríquez 1-4º, os cales poderán presentar por triplicado nos ditos centros as alegacións que xulguen oportunas, no prazo de vinte días a partir do seguinte ó da inserción deste anuncio.

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 1995.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria