Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Venres, 23 de xuño de 1995 Páx. 4.958

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 11 de maio de 1995 pola que se resolve definitivamente o procedemento para cambio de destino das profesores especiais de institutos técnicos de ensinanzas medias «a extinguir».

De conformidade co establecido no apartado sétimo da orde desta consellería do 7 de febreiro de 1995 (DOG do 20), pola que se anunciaba procedemento para cambio de destino dos profesores especiais de insitutos técnicos de ensinanzas medias «a extinguir».

Esta consellería,

DISPÓN:

Primeiro.-Adxudicar destino definitivo en virtude do procedemento para cambio de destino ós profesores que figuran no anexo, nos centros que alí se especifican.

Segundo.-Os interesados cesarán nos seus destinos os días 12 e 13 do próximo mes de setembro, e tomarán posesión do que se lle adxudica por esta orde os días 14 e 15 do mesmo mes. A referida toma de posesión producirá efectos económicos e administrativos desde o día 1 de outubro de 1995.

Terceiro.-Os profesores participantes neste procedemento para cambio de destinos que presentasen documentación poderán retirala eles mesmos ou por medio de persoa autorizada no Servicio de Persoal de Secundaria e Especiais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (San Caetano, Santiago de Compostela), no prazo de un mes.

O que lle comunico á para o seu coñecemento e demais efectos.

Santiago de Compostela, 11 de maio de 1995.

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

-Ensinanzas de fogar.

Apelidos e nome: Roig Rechou, María Margarita. Destino: I.B. Rosalía de Castro, Santiago de Compostela.

-Educación física.

Apelidos e nome: Paz Bouza, Concepción.

Destino: Fco. Aguiar, Betanzos.

Apelidos e nome: I.B. Vicente Suárez, Máximo.

Destino: I.F.P de Ribeira, Sta. Uxía de Ribeira.

Apelidos e nome: Robla Suárez, Alfredo.

Destino: I.E.S.P. de Ponteceso, Ponteceso.