Recibida da sección primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia providencia pola que se admite o recurso contencioso-administrativo número 01/0000575/1995, interposto pola recorrente contra desestimación tácita por silencio administrativo de reclamación presentada do 13 de decembro de 1994 ante a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, sobre abono de dous sexenios que como complemento específico lle corresponde percibir.
Esta secretaría xeral acordou nesta data, e de conformidade co disposto no artigo 64 da Lei do 27 de decembro, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, modificada pola Lei 10/1992, do 30 de abril, remitirlle o correspondente expediente administrativo á devandita sala, o cal se lles notifica para xeral coñecemento a tódalas persoas interesadas no procedemento e son emprazadas para que
poidan constituírse en parte en autos na sección primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de 9 días.
Santiago de Compostela, 2 de maio de 1995.
Juan José Bértolo Cadenas
Secretario xeral da Consellería de Educación
e Ordenación Universitaria