Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Mércores, 21 de xuño de 1995 Páx. 4.892

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VEREA

EDICTO.

De conformidade co acordo adoptado pola Comisión de Goberno en sesión do 19 de maio de 1995, anúnciase a poxa para a realización da obra denominada rede de sumidoiros en Outeiro e outros.

Obxecto: constitúe o obxecto da poxa a realización da obra denominada rede de sumidoiros en Outeiro e outros incluída no Plan Operativo Local de 1995, segundo o proxecto redactado polo enxeñeiro de camiños, canles e portos Manuel Durán Fuentes.

Orzamento: 10.120.000 pesetas.

Prazo de execución e garantía: prazo de execución: 3 meses, contados desde o seguinte ó da subscrición da acta de replanteo. Prazo de garantía: 1 ano a partir da recepción provisional da obra.

Fianza provisional e definitiva: fianza provisional: 202.400 pesetas. Fianza definitiva: 4% sobre o prezo de adxudicación.

Prego de condicións: para o non previsto neste prego rexerá o prego de condicións tipo aprobado polo Pleno da Corporación en sesión do 28 de maio de 1992, publicado no BOP nº 134 do 12 de xuño de 1992.

Proposición e documentación: a proposición presentarase en sobre pechado, no que figurará o lema «Proposición para tomar parte na poxa da obra rede de sumidoiros en Outeiro e outros».

A documentación que figura na cláusula 13 do prego de condicións, a excepción da clasificación do contratista que non se esixe, presentarase en sobre pechado á parte do da proposición no que figurará o lema «Referencias».

Modelo de proposición: Don/a..........., con domicilio en.......... con DNI ou NIF nº........., expedido en....... en plena posesión da súa capacidade xurídica e de obrar, en nome propio (ou en representación de ........, segundo acredita con ..........).

Informado do expediente e condicións para contrata-la obra ........., publicada no BOP nº ..........e no Diario Oficial de Galicia nº........, comprométese a executar, no prezo de .......... pesetas, cantidade que representa unha baixa do .........% de acordo co tipo de licitación.

Lugar, data e sinatura.

Prazo de presentación de proposicións e documentación: 20 días hábiles contados a partir da última publicación deste edicto no BOP ou Diario Oficial de Galicia.

Apertura de proposicións: na Casa do Concello, ás 13 horas do día seguinte hábil en que remate o prazo de presentación de proposicións e documentación.

Verea, 22 de maio de 1995.

O alcalde

Rubricado