Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Mércores, 21 de xuño de 1995 Páx. 4.891

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PALAS DE REI

ANUNCIO.

Aprobada inicialmente polo Pleno da Corporación, en sesión celebrada o día 25 de marzo de 1995, a modificación puntual das normas subsidiarias de planemento do municipio de Palas de Rei, sométese a información pública polo prazo de un mes, mediante anuncio no BOP e DOG, durante o que poderán ser examinadas na secretaría deste concello, para formula-las alegacións que se coiden oportunas.

O prazo de un mes comezará a contarse desde o día seguinte ó da última publicación deste anuncio en calquera dos diarios oficiais indicados.

Quedan suspendidas por dous anos as licencias de parcelación de terreos, edificación e demolición, no ámbito territorial comprendido na modificación, por supoñe-las novas determinacións modificacións, do réxime urbanístico vixente.

A suspensión extinguirase en todo caso, coa aprobación definitiva.

Palas de Rei, 30 de marzo de 1995.

Manuel Santos Varela

Alcalde