Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Mércores, 21 de xuño de 1995 Páx. 4.890

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

EDICTO do 15 de xuño de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación para execución de instalacións eléctricas. (Expediente nº 52750).

En cumprimento do disposto nos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa de 16 de decembro de

1954, e consecuentes do seu Regulamento de 26 de abril de 1957, declarada a urxente ocupación por Decreto 163/1995, do 3 de xuño, (Diario Oficial de Galicia de data 14 de xuño de 1995), dos bens e dereitos afectados polas instalacións da liña eléctrica a 132 kV de Mera a Cedeira, dobre circuíto en 680 m e simple circuíto en 13.700 m nos concellos de Ortigueira, Cerdido e Cedeira, das que é pro

pietaria e beneficiaria deste procedemento expropiatorio a entidade Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio na r/ Fernando Macías, nº 2, 15004-A Coruña; fáiselles saber a tódolos interesados propostos neste expediente, que o representante da Administración dará comezo sobre o terreo, nos días e horas que oportunamente se lles anunciará na notificación que se lles practicará para o efecto, o levantamento das actas previas á ocupación dos predios afectados polas ditas instalacións, contidos na relación publicada no BOP de A Coruña de data 9 de febreiro de 1995.

Advírteselles ós interesados que no día e hora sinalados para o levantamento das actas, poderán facerse acompañar dos seus peritos e dun notario, pola súa conta, e formular ante esta delegación ata aquel momento, as alegacións para os únicos efectos de corrixir posibles erros padecidos ó relaciona-los afectados.

A Coruña, 15 de xuño de 1995.

Juan Ignacio Lizair Otero

Delegado provincial da Coruña