Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Mércores, 21 de xuño de 1995 Páx. 4.853

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 1995, da Dirección Xeral de Industria, pola que se somete a información pública o proxecto de instalación "gasificación de Galicia: ramal Pontevedra-Ourense", promovido pola empresa Enagás, S.A.

De acordo co disposto na Lei 10/1987, do 15 de xuño, de disposicións básicas para un desenvolvemento coordinado de actuacións en materia de combustibles gasosos, Regulamento xeral do servicio público de gases combustibles, aprobado por Decreto 2913/1973, do 26 de outubro, artigos 39 da Lei de procedemento administrativo e 86 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, artigos 17 da Lei de expropiación forzosa e 56 de seu regulamento, texto refundido da lei sobre o réxime do solo e ordenación urbana, aprobado por Real decreto lexislativo 1/1992, do 26 de xuño, Lei 11/1985, do 22 de agosto, de adaptación da do solo a Galicia e demais normativa específica de aplicación, e para os efectos previstos no acordo do Consello da Xunta do 6 de maio de 1993, polo que se designa a Consellería de Industria e Comercio como órgano competente por razón da materia para a tramitación da unidade de expediente e resolución

única do procedemento, sométese a información pública o proxecto de gasificación de Galicia: ramal Pontevedra-Ourense, declarado de utilidade pública polo artigo 10 da devandita Lei 10/1987.

Peticionario: Enagás, S.A., con domicilio na avda. de América, nº 38, 28028 Madrid, titular da concesión administrativa outorgada por orde do conselleiro de Industria e Comercio do 12 de marzo de 1993 para a prestación do servicio público de conducción e subministración de gas natural para usos industriais nos concellos de Pontevedra, Ponte-Caldelas, Cotobade, A Lama, Avión, Boborás, O Carballiño, Maside, Punxín e Amoeiro.

Obxecto da petición: autorización administrativa e aprobación do proxecto de ramal Pontevedra-Ourense.

As instalacións obxecto desta solicitude son as seguintes:

-Ramal do gasoducto propiamente dito.

-As súas instalacións auxiliares, que comprenden:

.Posicións de válvulas de seccionamento e/ou derivación, incluíndo os edificios das ERM e casetas, onde sexan necesarias.

.Estacións de protección catódica e as súas instalacións auxiliares.

.Trampa de recepción de rascadores.

-Acometidas eléctricas en BT e MT onde sexan necesarias.

A autorización administrativa que se solicita levará consigo, de acordo co que establecen os artigas 10 e 11 da Lei 10/1987, do 15 de xuño, de disposicións básicas para un desenvolvemento coordinado de actuacións en materia de combustibles gasosos, os beneficios da declaración de utilidade pública e a necesidade de ocupación urxente para o efecto de expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións e da imposición e o exercicio da servidume de paso e doutras limitacións de dominio.

Características das instalacións:

O trazado da conducción parte da denominada posición I-022 do gasoducto de transporte A Coruña-Pontevedra-Tui, situada no concello de Pontevedra, atravesando no seu percorrido a provincia de Pontevedra nos concellos de Ponte-Caldelas, Cotobade e A Lama. O trazado inicia o seu percorrido na provincia de Ourense a través do concello de Avión, Boborás, O Carballiño, Maside, Punxín e Amoeiro, finalizando na posición I-022.4, onde enlaza co inicio da rede de distribución de Ourense.

Lonxitude total: 55,999 km., dos cales 24,121 pertencen á provincia de Pontevedra e os restantes 31,878 á provincia de Ourense.

A conducción será de aceiro de calidade X-42, segundo API 5L e con diámetros de 10'', dotada de revestimentos externos e dispositivos de protección catódica.

A presión de deseño é de 72 bar.

O gasoducto foi previsto con capacidade para transportar un caudal de 6.660 m(n)h, non obstante, o deseño realizado permite o transporte dun caudal de ata 70.000 m(n)h.

Acometidas eléctricas

Ó longo do percorrido do gasoducto cómpre instalar válvulas de seccionamento telemandadas nas posicións denominadas I.022.2 e I.022.4, precisando de subministración de enerxía eléctrica mediante acometida para un correcto funcionamento.

A) Posición I-022.2; no concello de Avión.

Por non existir nas proximidades redes de B.T., para poder efectua-la subministración de enerxía á devandita instalación cómpre a construcción de:

.Liña eléctrica a 15 kV de 1.139 m de lonxitude, en conductor LA-56 de 54,6 mm, apoios metálicos e de formigón, con orixe no apoio nº 31 da liña procedente da subestación de Albarellos e final no centro de transformación proxectado.

.Centro de transformación intemperie, situado sobre torre metálica galvanizada n/UNESA tipo C-3000, de 25 kVA de potencia e tensións 15-20/0,400-3x0,231 kV.

.Acometida de baixa tensión. Desde o armario de contadores partirá a derivación individual con cable de cobre, de 3,5 Ø 10 mm, finalizando no cadro de protección da posición de válvulas. O tendido

será en canalización subterránea de P.V.C. de 80 mm Ø.

B) Posición I-022.4; no concello de Amoeiro

A acometida proxectada partirá dunha liña en B.T. a 220-380 V procedente do C.T. de Albeiros, cunha lonxitude de 50 m e discorrendo na súa totalidade por zona de paso común, no concello de Amoeiro, lugar de Albeiros.

O tendido será en canalización subterránea de P.V.C. de 80 mm Ø. Os conductores serán RZ de 4x16 mm en aluminio.

Concellos afectados:

.Provincia de Pontevedra: Pontevedra, Ponte-Caldelas, Cotobade, A Lama,

.Provincia de Ourense: Avión, Boborás, O Carballiño, Maside, Punxín e Amoeiro.

Orzamento: 1.841.485.677 pts. (mil oitocentos corenta e un millóns, catrocentas oitenta e cinco mil seiscentas setenta e sete pesetas).

Afección a predios particulares:

A afección a predios particulares derivada da construcción do gasoducto e as súas instalacións auxiliares concrétase na seguinte forma:

Un.-expropiación forzosa en pleno dominio dos terreos sobre os que se van construí-las instalacións fixas en superficie.

Dous.-para as canalizacións:

A) Imposición de servidume permanente de paso nunha franxa de terreo de catro metros de largo, dous a cada lado do eixe da tubería, ó longo dela, por onde discorrerá enterrada a tubería ou tuberías que se requiran para a conducción do gas. Esta franxa estará suxeita ás seguintes limitacións:

1. Prohibición de efectuar traballos de arada ou similares a unha profundidade superior a cincuenta centímetros, así como de plantar árbores ou arbustos, a unha distancia inferior a dous metros contados desde o eixe da tubería.

2. Prohibición de realizar calquera tipo de obras, construcción, edificación ou efectuar ningún acto que poida danar ou perturba-lo bo funcionamento das instalacións, a unha distancia inferior a dez metros do eixe do trazado, a un e outro lado del. Esta distancia poderá reducirse sempre que se solicite expresamente e se cumpran as condicións que en cada caso fixe o órgano competente da Administración.

3. Libre acceso do persoal e os equipos necesarios para poder manter, reparar ou renova-las instalacións con pagamento, se é o caso, dos danos ocasionados.

4. Posibilidade de instala-los fitos de sinalización ou delimitación, as tomas de potenciais e os tubos de ventilación e outras instalacións auxiliares, así como de realiza-las obras superficiais ou subterráneas que cumpran para a execución ou funcionamento das instalacións.

B) Ocupación temporal dos terreos necesarios para a execución das obras, da zona que se reflicte para cada predio nos planos parcelarios de expropiación e na que se fará desaparecer todo atranco, asi como

realiza-las obras necesarias para o tendido e instalación da canalización e elementos anexos, executando as obras ou operacións precisas para os ditos fins.

Tres.-Para o paso dos cables de conexión e elementos dispersores de protección catódica:

A) Imposición de servidume permanente de paso nunha franxa de terreo de un metro de largo, por onde discorrerán enterrados os cables de conexión e os elementos dispersores de protección catódica, que estará suxeita á prohibición de efectuar traballos de arada o similares a unha profundidade superior a cincuenta centímetros, así como de plantar árbores ou arbustos e para realizar calquera tipo de obras, construcción ou edificación nunha franxa de terreo de tres metros de largo (1,5 metros a cada lado do eixe das instalacións), así como o dereito a talar ou arrinca-las árbores ou os arbustos que houber a unha distancia inferior á indicada.

B) Ocupación temporal, como necesidade derivada da execución das obras, da zona que se reflicte para cada predio nos planos parcelarios de expropiación e na que se poderá facer desaparecer todo atranco, así como realizalas obras necesarias para o tendido e montaxe das instalacións ou operacións precisas para os ditos fins.

Catro.-Para as liñas eléctricas:

A) Servidume de paso de liña eléctrica aérea nunha franxa de terreo de dous metros de largo ó longo dela, que implicará:

1. Prohibición de levantar edificacións ou construccións de calquera tipo, nin efectuar ningún acto poida dana-lo bo funcionamento da liña nunha franxa de cinco metros de largo, contando como centro da franxa a liña de postes do tendido.

2. Prohibición de plantar árbores de gran porte nunha franxa de dous metros de largo.

3. Libre acceso do persoal e elementos necesarios para poder vixiar, manter, reparar ou renova-las instalacións con pagamento, se é o caso, dos danos que sexan ocasionados.

B) Ocupación temporal da superficie que se determina para cada predio nos planos parcelarios para realiza-las obras necesarias.

O proxecto inclúe planos parcelarios e a relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados.

O que se fai público para coñecemento xeral e especialmente dos propietarios de terreos e demais titulares afectados polo dito proxecto, que se relacionan ó final deste anuncio, para que poida ser examinado o expediente na Dirección Xeral de Industria da Consellería de Industria e Comercio, edificio admvo. San Caetano, Santiago de Compostela, na Delegación Provincial de Ourense, r/ Curros Enríquez 1-3º e na Delegación Provincial de Pontevedra, rúa Nova de Abaixo, 2, podendo presentar por triplicado nos ditos centros as alegacións que se consideren oportunas, no prazo de vinte días a partir do seguinte ó da inserción deste anuncio.

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 1995.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria