Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Mércores, 21 de xuño de 1995 Páx. 4.723

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Decreto 167/1995, do 16 de xuño, polo que se concede a Medalla Castelao no ano 1995.

Advertida omisión no devandito decreto, publicado no DOG nº 116 do luns 19 de xuño, cómpre face-la oportuna corrección:

Na páxina 4.596, a seguir de Amancio Prada Prada, debe dicir: «Luz Pozo Garza».

Así mesmo, antes da data debe dicir: «Disposición derradeira.-Este decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.»