Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Mércores, 21 de xuño de 1995 Páx. 4.722

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE CULTURA

ORDE do 1 de xuño de 1995 pola que se nomean vocais do Padroado do Centro Galego de Arte Contemporánea.

No Decreto 308/1989, do 28 de decembro, polo que se crea o Centro Galego de Arte Contemporánea para exhibición, disfrute e coñecemento das tendencias e correntes de creación artística contemporánea, modificada polo Decreto 286/1994, do 30 de setembro, polo que se-regula o Centro Galego de Arte Contemporánea, contémplase a constitución, composición e funcións do padroado como órgano rector do dito centro.

De acordo co disposto na disposición derradeira facúltase ó conselleiro de Cultura para dicta-las disposicións necesarias para o desenvolvemento, execución e cumprimento do mesmo.

En uso da referida facultade,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-De acordo co disposto no artigo 6 do devandito Decreto 286/1994 do 30 de setembro, o padroado estará integrado polos seguintes membros:

a) Presidente:

Juan Trincado Settier.

b) Vocais natos:

Rubén Víctor Lois Calviño, secretario xeral da Consellería de Cultura.

Homero José Mª Pérez Quintana, director xeral de Cultura.

Ángel Sicart Jiménez, director xeral de patrimonio Histórico e Documental.

Manuel Antonio Silva Romero, director xeral de Promoción do Camiño de Santiago.

José Manuel García Iglesias, presidente da Comisión de Programación e Coordinación de Iniciativas Culturais.

Antón Pulido Novoa, director xeral do Centro Galego de Arte Contemporánea.

Gloria Moure Cao, directora artística do Centro Galego de Arte Contemporánea

Julia Rodríguez Blanco, xerente do Centro Galego de Arte Contemporánea, que exercerá as funcións de secretaria do Padroado.

c) Vocais de libre designación.

Carmen Arias y Díaz de Rábago

José Luís Méndez López

José Vicente Arias y Díaz de Rábago

Thais de Picazza de Malvar

Mario Vázquez Raña

Rudi Fuchs

Borja Coca Moroder

Isaac Díaz Pardo

José Fernando Filgueira Valverde

José Miguel Ullán

Artigo 2º.-Ademais das funcións enumeradas no artigo 8 do Decreto 286/1994, que corresponden ó padroado como órgano rector do Centro Galego de Arte Contemporánea, encoméndaselle a de promover unha Asociación de Amigos do Centro. A tal efecto, e coa finalidade de inicia-los oportunos trámites, formular invitacións e redacta lo proxecto de estatutos, noméase unha comisión integrada polas seguintes persoas:

Presidente da comisión promotora da asociación: Julián Trincado Settier.

Presidenta adxunta da comisión promotora da asociación: Thais de Picazza de Malvar.

Secretaria: Julia Rodriguez Blanco.

Disposición derradeira:

A presente orde entrará en vigor o día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 1 de xuño de 1995.

Víctor Manuel Vázquez Portomeñe

Conselleiro de cultura