Está dotado con 1.000.000 de pesetas.
La Voz de Galicia, S.A., convoca o XXXVII Premio Fernández Latorre de xornalismo e comunicación, creado en memoria do seu fundador, que se axustará ás seguintes bases:
1ª O premio único está dotado con 1.000.000 de pesetas.
2ª Poderán optar a el aqueles artigos ou traballos xornalísticos publicados, radiados ou emitidos, entre o 1 de agosto de 1994 e o 1 de xullo de 1995 ou aquelas persoas que se distinguen no campo da comunicación.
3ª O premio será outorgado ó traballo ou ó labor que dunha e outra forma, contribúa á exaltación de Galicia, a estudia-los seus problemas, valores, tradicións e costumes ou a estende-lo seu coñecemento e prestixio dentro e fóra da Comunidade Autónoma.
4ª Non é necesario que o envío o faga o propio autor. Basta con que teña coñecemento de que participa no certame por instancias doutras persoas e dese o seu consentimento. Os traballos deberán mandarse por quintuplicado a La Voz de Galicia, S.A., Concepción Arenal, 11 e 13, 15006 A Coruña, ata o día 4 de xullo de 1995, coa indicación Para o Premio Fernández Latorre. Os que se emitan ou radien deberán acreditarse xuntando ós textos a oportuna certificación do director da emisora ou centro de TV e as cinco cintas correspondentes.
En canto ós aspirantes ó galardón, en razón da súa traxectoria persoal, poderán ser presentados polos membros do xurado, por entidades ou asociacións culturais públicas e privadas ou por colectivos de tres membros, polo menos, mediante un memorándum no que se expoñan os valores do candidato.
5ª A decisión farase pública en La Voz de Galicia, S.A. o día 25 de xullo, coincidindo coa festividade do Apóstolo Santiago e Día de Galicia.
6ª Non se manterá correspondencia sobre os traballos e as propostas que se reciban.
7ª As decisións e o fallo do xurado son inapelables.